AUTOAVALIACIÓN

Indica a opción correcta:

Pregunta

A alteración da percepción visual que impide a algunhas persoas distinguir as cores denomínase...

Respostas

daltonismo.

hipotiroidismo.

Retroalimentación


Pregunta

Un vagalume é unha fonte de luz...

Respostas

artificial.

natural.

Retroalimentación


Pregunta

Cando facemos xirar o disco de Newton o círculo parece...

Respostas

negro.

branco.

Retroalimentación


Pregunta

Se a luz pasa dun medio menos denso a outro máis denso, os raios desvíanse...

Respostas

aproximándose á normal.

afastándose da normal.

Retroalimentación


Pregunta

Nun espazo baleiro pode propagarse...

Respostas

a luz.

o son.

Retroalimentación


Pregunta

A luz é unha forma de enerxía...

Respostas

luminosa.

mecánica.

Retroalimentación


Pregunta

A liña imaxinaria perpendicular á superficie denomínase...

Respostas

raio refractado.

normal.

Retroalimentación


Pregunta

Cando a Lúa se interpón entre a Terra e o Sol prodúcese...

Respostas

Un eclipse de Sol.

un eclipse de Lúa.

Retroalimentación


Pregunta

Ademais da luz do Sol, sales minerais e auga, as plantas necesitan para realizar a fotosíntese...

Respostas

nitróxeno.

dióxido de carbono.

Retroalimentación


Pregunta

Cando nunha superficie irregular os raios son reflectidos en diferentes direccións trátase dunha reflexión...

Respostas

especular.

difusa.

Retroalimentación