Saltar navegación

O tendal dos prexuízos

gal / 21 febreiro, Día Internacional da LIngua Materna

Só existe un xeito de asegurar a diversidade lingüística e darlle longa vida a todas as linguas: USALAS. Por iso, a nosa contribución ao proxecto UN MUNDO DE LINGUAS será o de analizar os prexuízos lingüísticos, causa de que en moitas ocasións abandonemos o uso das linguas minorizadas.

Necesidades: Para realizar esta actividade debedes cubrir dúas fichas (paso 1 e paso 2). Podedes imprimilas previamente (pdf) ou descargalas (odt), cubrilas co voso procesador de texto e logo gardalas.

Imos paso a paso!

XogamosPaso 1. Xogamos

Este é un xogo individual. Trátase de escoller rapidamente a lingua en que pensas que fala cada personaxe. Marca o recadro axeitado cun X. Non lle podes dedicar máis de tres segundos a cada imaxe.

Avogado
Galego
  Castelán
Avoa
Galego
  Castelán
Traballador
Galego
  Castelán
Executiva
Galego
  Castelán
Deportista
Galego
   Castelán
Peixeiro
Galego
  Castelán
Fotógrafa
Galego
  Castelán
Labrego
Galego
  Castelán
Hipster
Galego
  Castelán
Nena
Galego
  Castelán

O xogo aínda non rematou. Para avanzar, primeiro tes que pasar a túa selección de linguas á ficha.Cubre a primeira columna, indicando GAL ou CAST. Lembra que podes imprimila (pdf) ou abrila como documento de texto (odt).

A continuación, debes seleccionar as características que che parezan máis axeitadas para cada foto respecto da idade, prestixio social e aspecto físico. Non hai respostas correctas nin incorrectas, fíate da túa intuición.

E, por último, debes sumar os puntos obtidos en cada foto e anotalos na columna da dereita.

Se traballaches co documento no teu ordenador, non esquezas gardalo para non perderes os datos. Valos precisar no seguinte paso.

Habilitar JavaScript

Paso 2. Reflexionamos

Pregunta



Reflexionamos

Indicador de valoracón...

Para este segundo paso, sentade en grupo. Necesitades ter diante as fichas cubertas da actividade anterior. Ides intentar ver o que hai detrás da vosa escolla.

Sabedes que a puntuación que outorgastes implica unha valoración subxectiva? Fixádevos neste indicador de valoración:

Ides analizar esas valoracións. Primeiro farédelo individualmente cubrindo esta ficha (escollede o formato que precisedes: odt ou pdf)

E agora toca a reflexión en grupo. Recollede por escrito nun caderno o resultado da vosa análise. Podedes comezar por estes aspectos:

  • Cales das vosas imaxes teñen mellor valoración, as asociadas á lingua galega ou á lingua castelá? En que consiste esa diferenza? A que pensades que se debe?

  • Con que asociades a lingua galega? E a lingua castelá? Sabedes por que?

  • Temos os galegos e as galegas prexuízos que infravaloran a nosa lingua?

Estamos a falar de prexuízos lingüísticos. Mais, que é exactamente un prexuízo lingüístico? O profesor Xano Cebreiro explícao moi clariño neste breve vídeo:

      Xano Cebreiro, Os prexuízos lingüísticos, (CC BY-SA)

Como ves, os prexuízos derivan de falsas ideas que xeneralizamos e convertemos en verdadeiras. Son os estereotipos. Con eles xulgamos de maneira normalmente negativa un colectivo. Seguro que se che ocorren estereotipos sobre as mulleres, a mocidade, os políticos, os cataláns ou os galegos... Cando eses estereotipos nos xulgan a nós, decatámonos facilmente de que son falsos. A que non tes que ser indecisa por seres galega ou non chorar por seres neno?

Coas linguas pasa o mesmo. Hai prexuízos lingüísticos que infravaloran unha lingua e, por extensión, ás persoas que a falan. Pero, como estamos vendo, non son certos.

Actividad




Antes de continuarmos avanzando, imos realizar unha actividade para comprobar que entendemos ben os conceptos básicos relacionados cos estereotipos e prexuízos lingüísticos.  Le as preguntas e escolle a resposta correcta.

1. Que existe antes, o estereotipo ou o prexuízo?

Respostas

Estereotipo

Prexuízo

Retroalimentación

Pregunta

2. Unha das causas de que existan os prexuízos lingüísticos é:

Respostas

A idea de que hai linguas que só serven para o ámbito familiar

A perda de poder do territorio onde se fala esa lingua

Retroalimentación

Pregunta

3. Os prexuízos lingüísticos...

Respostas

Teñen consecuencias negativas para a lingua

Non teñen ningún tipo de consecuencia

Retroalimentación

Pregunta

4. Cando os prexuízos lingüísticos xa están asentados..

Respostas

É imposible erradicalos

A nosa actitude contribúe á súa eliminación

Retroalimentación

Paso 3. Elaboramos

Elaboramos

Podedes comezar dedicándolle uns minutos a ver este vídeo. Seguro que vos axudan a reflexionar sobre a vosa actitude ante os prexuízos.

E agora tócavos a vós. Continuade traballando en grupo.

Nada mellor para rematar cos estereotipos que sacalos á luz e poñelos ao clareo da razón. Como? Moi doado. Elaborando “follas” que recollan eses prexuízos e, ao mesmo tempo, os argumentos que os combatan. Tédelo visto xa no vídeo do profesor Xano Cebreiro sobre os prexuízos lingüísticos. Podería ser algo similar ao que se ve nesta imaxe: Prexuízos

Facede primeiro un remuíño de ideas na clase para recoller os prexuízos que existen sobre a lingua galega. Repartide estes prexuízos entre os grupos e traballade en cada equipo os argumentos que os combatan.

Se precisades reforzar a vosa argumentación, en Cotovía (temas 5 e 6) atoparedes unha boa axuda.

Tede en conta a rúbrica de avaliación para saber exactamente o que se vos pide e valora no traballo.

TendemosPaso 4. Tendemos 

O obxectivo é facer un tendal cos prexuízos. Podedes estender corda polo instituto e tendelos con pinzas ou, a xeito de díptico, dobralos sobre a propia corda. Colocádeos a unha altura cómoda para que a xente os colla e os lea.

Corazóns
 Jess Watters, Romance, (CC0)
Tamén podedes sacalos fóra do instituto e deixalos na biblioteca municipal, na casa do concello e no centro de saúde...

Esta será a contribución de Lingua galega ao proxecto UN MUNDO DE LINGUAS, un bo xeito de compartir con toda a comunidade educativa o 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna.

ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN

Hai múltiples maneiras de visibilizar os prexuízos e axudar a que as persoas reflexionemos sobre as súas consecuencias. Unha delas é velos directamente.

Agora que xa tedes moi traballados os prexuízos, resultaravos doado escenificalos. É dicir, convertelos nunha pequeniña “peza teatral”. Podedes representar un por grupo.

Consellos teatro