Saltar navegación

Galego

Que conmemoramos? / 21 febreiro, Día Internacional da Lingua Materna



Co gallo do Día Internacional da Lingua Materna, a UNESCO reafirma o seu compromiso total coa diversidade lingüística e mais o plurilingüismo. As linguas reflicten o que somos e estruturan os nosos pensamentos e identidades. Non se pode dar un diálogo xenuíno, nin unha cooperación internacional eficaz, sen o respecto pola diversidade lingüística, que lle abre a porta á comprensión verdadeira de cada cultura. O acceso á diversidade das linguas pode estimular a curiosidade e a comprensión mutua dos pobos. Por esta razón, a aprendizaxe das linguas é asemade unha promesa de paz, de innovación e mais de creatividade. (...)
Falamos
    Elaine Smith, Facts about languages, (Public Domain)
Os seres humanos somos seres de linguaxe. As culturas, as ideas, os sentimentos e mesmo o  devezo dun mundo mellor preséntanse sempre perante nós nunha lingua precisa, con determinadas palabras. Estas linguas achegan valores e visións do mundo que enriquecen a humanidade. O feito de valorizalas permite ampliar a variedade de futuros posibles e fortalecer a enerxía necesaria para logralos. Co gallo deste Día, fago un chamamento para que o potencial da educación plurilingüe sexa recoñecido no mundo enteiro, nos sistemas educativos e administrativos, nas expresións culturais e nos medios de comunicación, no ciberespazo e nos intercambios comerciais. Canto máis saibamos valorizar as linguas, máis ferramentas teremos para construír un futuro digno para todos”.

     Irina Bokova,  Directora Xeral da  UNESCO. Discurso Día Internacional da Lingua Materna, 2017.

Paso 1

ACTIVIDADE 1. Léxico

No texto aparecían palabras e expresións en negra. Coñeces ben o seu significado? Marca cun X a resposta correcta.

1. Co gallo de
a. Por causa de.
b. Con motivo de.
c. A continuación de.
d. A pesar de.
2. Xenuíno
a. Relativo ao xénero.
b. Que se relaciona con naturalidade.
c. Que está falsificado, que non é puro.
d. Auténtico, verdadeiro, que non está alterado.
3. Asemade
a. Por outra parte.
b. Contraditoriamente, por oposición.
c. A maiores.
d. Simultaneamente, ao mesmo tempo.
4. Devezo
a. Desexo intenso por algo.
b. Sentimento de tenrura.
c. Idea non racional usada para explicar algo.
d. Posesión de bens inmateriais.
5. Potencial
a. Magnitude que determina a distribución das forzas.
b. Forza física que se posúe.
c. Poder do que se dispón.
d. Medo que senten os seres humanos ante o futuro.


Habilitar JavaScript

Actividade 2. Comprensión do texto

Pregunta

 Xano Cebreiro, A diversidade lingüística do mundo (CC BY-SA)
Ademais do léxico, para unha boa comprensión do texto debemos asegurarnos de que entendemos perfectamente os conceptos que nel aparecen. No discurso de Irina Bokova, diversidade lingüística e plurilingüismo son as ideas clave. Este vídeo vaiche axudar a entendelas mellor.

Escolle a resposta correcta:

1. Diversidade lingüística é un concepto que se usa para referirse a ....

Respostas

A liberdade individual de falar como cadaquén queira.

A diferenza que hai entre unhas linguas e outras.

A variedade de linguas existentes no mundo.

Retroalimentación

Pregunta

2. No mundo hai ...

 

Respostas

Entre dez e cen linguas.

Entre mil e catro mil linguas.

Máis de cinco mil linguas.

Retroalimentación

Pregunta

3. O continente máis rico en diversidade lingüística é...

Respostas

Europa.

Asia.

América.

Retroalimentación

Pregunta

4. A maioría dos estados do mundo son ...

Respostas

Plurilingües.

Monolingües.

Hai tantos estados plurilingües como monolingües.

Retroalimentación

Pregunta

5. A diversidade lingüística implica...

Respostas

Un problema para a comunicación.

A expresión xenuína de culturas diferentes.

Unha diversidade innecesaria.

Retroalimentación

PARA SABERES MÁIS


Cal é o motivo de que o Día Internacional da Lingua Materna sexa o 21 de febreiro? Quen foi a última falante de wichita? Cal é o futuro da lingua galega?
Podes atopar a resposta a estas e outras preguntas nesta páxina do Portal das Palabras.
Non deixes de lela!