Saltar navegación

Viñetas humanas

gal / 10 decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos

Para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos crearemos DIÁLOGOS HUMANOS. En lingua galega, concretamente, elaboraremos unha pequena banda deseñada baseada nun dos artigos recollidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH). Animádesvos?

ReflexionamosPaso 1. Reflexionamos

Debemos comezar coñecendo os Dereitos Humanos, cal é o seu verdadeiro significado e que implica o seu cumprimento. Dividímonos en grupos e escollemos dous ou tres artigos da DUDH por grupo. Cada artigo correspóndese cun dos Dereitos Humanos establecidos pola ONU.

Facilítansevos dous documentos: a Declaración Universal dos Dereitos Humanos íntegra e un segundo documento, 30 Dereitos Humanos básicos, de lectura máis sinxela. Podedes comezar lendo este segundo texto para a escolla dos artigos e logo ler os artigos seleccionados na Declaración íntegra para o seu posterior comentario.

Dereitos Humanos versión básica                Dereitos Humanos Simplificados

Dereitos Humanos versión completaDereitos Humanos completos

Cada grupo lerá ao resto da clase os seus artigos e logo explicará o seu significado. Esta explicación debe incluír un exemplo, consistente na descrición dunha situación relacionada co artigo escollido. A situación pode ser real ou inventada, pero neste caso estará baseada en feitos reais. Se tedes dificultades para atopar exemplos, podedes buscalos na prensa en galego: Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza



ReflexionamosPara finalizar este primeiro paso, cada grupo escollerá unha das situacións traballadas. No paso seguinte converterédela en banda deseñada. Lede a infografía da esquerda antes da vosa selección.

Creamos

Paso 2. Creamos

Seguramente tedes lido en máis dunha ocasión libros de banda deseñada ou cómic. Sabedes que é un tipo de narración que mestura imaxe e texto, ademais de contar con recursos pertencentes a un código propio que é preciso coñecer.

Imos aló!

Presentación BD Mariano Casas e Teresa M. Comojo, A tres bandas. CC-BY-SA

  

BD Elipse narrativa
      Mariano Casas e Teresa M. Comojo, A tres bandas, (CC BY-SA)


Actividade 1

Na banda deseñada, a historia cóntase en viñetas, pero nelas só se recolle o esencial. Entre unha e outra prodúcese unha elipse narrativa, é dicir, un salto temporal que os lectores e lectoras deben interpretar.

Nas seguintes cuestións relativas á imaxe anterior, marcade cun X a resposta correcta.

Marca cun X a resposta correcta.
1. Cantas viñetas hai?
2 3 4
2. Existe elipse narrativa?
Si Non Non sei
3. Para que se utiliza a elipse narrativa?
Para facer rir Para ver como envellece o protagonista Para ocupar toda a páxina


Habilitar JavaScript

Paso 2. Creamos / Actividade 2


Sons Globos
    Mariano Casas e Teresa M. Comojo, A tres bandas, (CC BY-SA)      Mariano Casas e Teresa M. Comojo, A tres bandas, (CC BY-SA)

O diálogo dos personaxes introdúcese en globos. A súa forma serve para indicar se os personaxes falan, berran, pensan ou mesmo o seu estado de ánimo. Para introducir unha voz narradora úsanse recadros ou cartelas.

Fixádevos nos globos da imaxe anterior e marcade cun X a opción correcta.

1. Cos globos de burbullas indicamos que o personaxe está ...
berrando
  pensando
  murmurando
2. Cos globos en puntas, o personaxe está ...
berrando
pensando
murmurando
3. Cos globos en puntos suspensivos, o personaxe está ...
berrando
  pensando
  murmurando


Habilitar JavaScript

Paso 2. Creamos. Actividade 3


BD Planos 1Mariano Casas e Teresa M. Comojo, A tres bandas. CC-BY-SA

BD Planos 1 Mariano Casas e Teresa M. Comojo, A tres bandas. CC-BY-SA

Planos 3

Mariano Casas e Teresa M. Comojo, A tres bandas. CC-BY-SA

Os encadres e os planos proporcionan a posibilidade de destacar os elementos que interesan. Son algo semellante ao punto de vista da voz narradora nas novelas. Fixádevos ben nas tres imaxes anteriores e despois relacionade cada plano coa súa definición:

PLANO XERAL ou PANORÁMICA - PLANO MEDIO - PRIMEIRO PLANO - PLANO DETALLE - PICADO - CONTRAPICADO

1. Na viñeta vese a cara do personaxe e os seus ombreiros.
2. Na viñeta apréciase só un detalle como un ollo, unha boca...
3. Na viñeta aparecen os personaxes desde a cintura.
4. O personaxe é debuxado desde arriba. Imaxinámolo empequenecido, abatido, humillado...
5. O personaxe é debuxado desde abaixo. Vémolo importante, poderoso, superior.
6. Na viñeta aparecen os personaxes e o escenario en que se atopan.


Habilitar JavaScript

Paso 2. Creamos. Actividades 4 e 5

Actividade 4

          Mariano Casas e Teresa M. Comojo, A tres bandas. CC-BY-SA

Na banda deseñada son frecuentes as onomatopeas, as liñas cinéticas (para indicar movemento) e as metáforas visuais, como as lámpadas (idea), os corazóns (amor), as estrelas (dor)...

Comentade, en grupo, a presenza ou non na imaxe anterior de onomatopeas, liñas cinéticas e metáforas visuais. Explicade para que se usa cada unha delas.

Premede na foto para ver a solución

BD corrección

Actividade 5

Os personaxes son un elemento esencial da banda deseñada. O importante non é debuxar todos os detalles, senón centrarse nos trazos esenciais do carácter de cada personaxe.

Escollede o estado de ánimo da personaxe: triste, enfadada, contenta, divertida.

Personaxes

                               Mariano Casas e Teresa M. Comojo, A tres bandas. CC-BY-SA

Personaxe1 Personaxe2 Personaxe3 Personaxe4

Habilitar JavaScript

Actividades 6 e 7

Actividade 6


A. Antes de crear a vosa banda deseñada, ides facer unha última actividade para repasar o visto até agora. Fixádevos ben nestas viñetas.

B.

Idea

                            OpenClipar-Vectors, Idea, CC-BY-SA

C. Comentade oralmente no grupo as seguintes cuestións:
-Cal é a historia que contan estas viñetas?
-A forma das viñetas ten algo de especial? Con que finalidade?
-Que planos e encadres se usan e que se pretende con cada un deles?
-Os globos non teñen texto. Con que elementos se narra entón a historia?
-O personaxe está debuxado con moito detalle ou só con trazos esenciais?
D. Para finalizar, debuxade individualmente unha cuarta viñeta. Unha vez feitas, comentádeas no grupo. Explicade que elementos propios da banda deseñada usastes e con que finalidade.

Actividade 7

Crear a historia            Mariano Casas e Teresa M. Comojo, A tres bandas. CC-BY-SA

E chegou por fin o momento de crear a vosa pequena banda deseñada, poñendo en práctica todo o aprendido nas actividades. Se queredes facer un rápido repaso, este breve vídeo do profesor Xano Cebreiro serviravos de moita axuda.

Non se trata de serdes as e os mellores debuxantes, senón de facer unha boa historia sobre os Dereitos Humanos. Lede os consellos da infografía da dereita antes de comezardes.

Bo traballo!

Consellos para crear BD

Paso 3, PublicamosPaso 3. Publicamos

Unha vez realizadas as bandas deseñadas só queda publicalas. Podedes fotocopialas ou ben escanealas, convertelas en pdf e usar algunha ferramenta online como Issuu para publicalas na rede. Deste xeito logo poden ser subidas a un blog da biblioteca ou instituto.


 

Para saberes máis

Se queredes coñecer mellor o proceso de creación dunha banda deseñada, podedes ler A tres bandas, a proposta de Mariano Casas e Teresa María Comojo para crear unha BD da que proceden as viñetas das actividades.

Desde a páxina do Consello da Cultura Galega podedes acceder a outros exemplos de banda deseñada.