Galego
Que conmemoramos? / 10 decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos
Actividade 2. Reflexión
|
Realizamos esta actividade en grupos. Imaxinade que se descobre vida intelixente extraterrestre. Estes seres establecen comunicación coa Terra e solicitan información sobre os seres humanos. Queren saber que somos e como somos. Redactade unha carta para enviárllela na que contestedes as súas preguntas. |
|
Seguide esta metodoloxía para realizardes a actividade: 1. Escribide individualmente un guión/borrador da vosa carta. 2. Poñede en común no grupo os escritos. Elaborade un novo borrador que recolla as ideas de tod@s vós. Organizade estas ideas. 3. Redactade a carta. Participade tod@s. Esforzádevos en lograr unha boa expresión escrita. Prestade especial atención á puntuación e ortografía. 4. Lede a vosa carta en alto. |
Para saberdes máis
O 20 de novembro do ano 1959 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno, con 10 principios básicos que pretenden garantir a integridade da infancia.
No apartado Que imos facer? tedes acceso á versión íntegra dos DDHH e tamén a unha versión simplificada de lectura máis doada.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
