Saltar navegación

Que imos facer? Libro colectivo

                              LIBRO COLECTIVO
Open book
        Twe Swe, Water, (CC0)
flecha abajo izquierda                          flecha abajo centro flecha abajo dcha
Narración e imaxe Micronarración Poetry
flecha abajo centro flecha abajo centro flecha abajo centro
Fotonovela e booktube Microrrelato y aforismo A poem

De LINGUA EN LINGUA proponvos conmemorar o Día do Libro coa elaboración dun libro colectivo. Isto é o que faremos:

• Convertiremos un relato nunha fotonovela. (Lingua galega).
• Redactaremos microrrelatos. (Lingua castelá).
• Crearemos poemas (Lingua inglesa).
• E, se nos animamos a engadir algo máis, gravaremos algún booktube (LG) e
inventaremos aforismos (LC).

Unha vez elaborados os nosos textos literarios debemos darlles forma de libro e subilos ao blog ou páxina do instituto para compartilo co resto da comunidade educativa. Hai varias ferramentas para axudarnos neste labor, como issuu ou calaméo.
O noso libro tamén precisa un nome e unha portada. Que vos parece unha votación entre as propostas nas diferentes clases?
Lembrade que podedes acompañar a publicación do voso libro dun bookcrossing. Liberade as vosas creacións polo instituto e tamén polas rúas!