Galego
| MONOGRAFÍA |
Estudo detallado sobre un tema concreto, normalmente nun único volume. |
| ANTOLOXÍA |
Colección de obras ou fragmentos seleccionados, escolma. |
| TIPOGRAFÍA |
Xeito de imprimir un texto: tipo de letra, espazos etc.
|
| LOMBO |
Parte externa do libro por onde van unidas as follas. |
| PLAXIO |
Copia dun libro ou obra, apropiándose fraudulentamente da súa autoría. |
| MANUSCRITO |
Obra escrita a man. |
| INCUNABLE |
Obra editada desde a invención da imprenta até inicios do século XVI. |
| EPÍLOGO |
Parte final dunha obra que recolle sucesos posteriores aos narrados ou unha reflexión sobre os mesmos. |
|
Actividade 2
Da importancia dos libros e da lectura nas nosas vidas dá conta a inmensa cantidade de citas existentes. Procura unha cita coa que te identifiques e preséntalla oralmente aos teus compañeiros e compañeiras. Coméntalles tamén algo sobre o seu autor ou autora.
|