Nesta primeira tarefa tomaremos contacto coa nosa paisaxe para poder familiarizarnos con ela. Elaboraremos un “mapa colaborativo” entre todos/as sobre as emocións que nos espertan algúns recunchos desta fermosa paisaxe. Nun segundo momento, elixiremos unha ruta para ofertar ao Concello como a “nosa ruta dixital” na paisaxe de Valdoviño. ¡Isto promete, así que imos alá!.
Observar a paisaxe é unha experiencia de vida que todos nós experimentamos de cotío. Polo xeral, prodúcenos unha gran cantidade de sensacións, a meirande partes das veces, pracenteiras, agradables. Imos expresar e reflectir nun mapa esas emocións que nos producen as nosas paisaxes, aquelas que, dalgún xeito, forman parte de nós. Pero, primeiro, poñámonos de acordo sobre que aspectos da nosa contorna nos agradan máis.
Antes de comezar a debater sobre as nosas emocións respecto a nosa paisaxe, apreciaremos un fermoso vídeo do Proxectoterra sobre a identidade da nosa terra.
Ver o vídeo de proxectoterra. O vídeo vaise mostrar nunha xanela independiente
Esta tarefa ten as seguintes actividades. Fai click nunha actividade para comezar.
PSB1.1.2 Expresa por escrito as sensacións experimentadas e o seu aprecio estético.
PSB1.2.1 Describe as propiedades visuais: formas, cores, texturas e volumes que caracterizan os principais obxectos dunha escena paisaxística, tendo en conta a escala.
PSB1.1.1 Elabora bosquexos e debuxos sinxelos a partires da observación nunha saída á contorna.
PSB1.2.1 Describe as propiedades visuais: formas, cores, texturas e volumes que caracterizan os principais obxectos dunha escena paisaxística, tendo en conta a escala.