TAREFA 1 A SELECCIÓN DA RUTA E O NOSO MAPA DE EMOCIÓNS.
ACTIVIDADE 1.2 ...E si construímos o “noso mapa de emocións”.

O traballo

Xeolocalizaremos no visor Google Earth Pro mediante marcas de posición aqueles espazos/lugares que para nós provocan sensacións agradables, e nas súas correspondentes etiquetas sinalaremos cales son as razóns que as provocan. Unha vez realizadas gardaremos estas marcas no programa como un arquivo kmz. Na sección de Recursos atoparás un titorial de uso deste visualizador xeográfico.

Responsive image
Responsive image
Responsive image
Responsive image

Axuda

Se non é un lugar concreto, senón que se trata dunha área, empregaremos a ferramenta: “engadir polígonos” no visor. E, na súa etiqueta de caracterización explicaremos as “sensacións” ou “emocións” vinculadas a esa porción da nosa paisaxe

Recursos

No seguinte enlace tedes un titorial en castelá para comezar a manexar o visualizador xeográfico: Google Earth Pro

Continuar