TAREFA 1 A SELECCIÓN DA RUTA E O NOSO MAPA DE EMOCIÓNS.
ACTIVIDADE 1.5 O “safari fotográfico”. A percepción é unha experiencia de vida.

A paisaxe é un libro que se le cos pés. Aínda que, loxicamente, requira deste traballo previo que rematamos na aula. Agora é necesario saír ao campo. Calzarse as botas e percorrer a nosa ruta. Animo ¡¡¡¡

O traballo

Ao longo do percorrido realizaremos as fotos ou vídeos que entendamos necesarias para explicar a nosa paisaxe, e situaremos as súas correspondentes marcas de posición a través da App_Paisaxes, descargada previamente no noso móbil ou tablet, e engadiremos unha información básica do obxecto fotografado –neste apartado recibirás axuda do teu profesor/a-.

Axuda

¡Ollo!, o primeiro que debes facer é comprobar que tes activado o sistema de posicionamento gps (a ferramente “ubicación” en Android) do teu móbil. Unha vez feita a fotografía, dálle un nome, unha breve descrición, así como a información básica suxerida polo teu profesor/a; e a nosa APP subirá a súa localización de xeito automático
Continuar