TAREFA 1 A SELECCIÓN DA RUTA E O NOSO MAPA DE EMOCIÓNS.
ACTIVIDADE 1.4 A selección e trazado da nosa ruta.

O traballo

Organizados por grupos, deseñaremos unha primeira proposta de ruta. Cada grupo propoñerá a súa, e coa axuda da mestra/e acordaremos cál é a mellor para ofertar aos posibles visitantes.

Para poder elixir con acerto, dispoñemos dunha serie de axudas recollidas no apartado de recursos

Unha vez feita a selección, teremos que:

  • Debuxar a trazada da ruta no noso visor.
    Empregaremos a ferramenta de “Regra” no menú de Ferramentas.
  • Medir coa ferramenta do visor a distancia exacta en km
  • E, finalmente realizar o seu “perfil topográfico”.
    Coa ruta seleccionada, no menú de Ferramentas-Editar-Amosar perfil de elevación (lembra ter activada a capa “relevo”).
  • Elaborar a “ficha técnica da ruta”.

    Esta información é básica para que o interesado en realizar a ruta, poida decidir como e cando facela. Polo tanto, a ficha técnica da ruta terá que informarnos sobre

    • Requisitos da ruta: (móbil, calzado, bebida...)
    • Tempo máximo estimado: procurar que sexa non superior a 4 horas./li>
    • Grao de dificultade.
    • Mellor época do ano para facela, etc
    Esta información incorporarase á etiqueta da ruta. Observa a información que se facilita no portal Wikilok

Axuda

Desde o visor Google Earth podemos activar a capa temática: Capas_Galería_Wikilok e unha vez cargadas as marcas de posición, debuxar a ruta activando “Display track on the map”. Unha vez elixida, gardar como arquivo kmz e exportar ao noso visor

Recursos

Continuar