TAREFA 1 A SELECCIÓN DA RUTA E O NOSO MAPA DE EMOCIÓNS.
ACTIVIDADE 1.6 A elaboración de debuxos e/ou esbozos.

O traballo

Esta é unha actividade moi interesante.

Aprender a debuxar a paisaxe pode resultarnos moi útil para coñecela mellor. Por isto, nun dos puntos elixidos como “panorámicas”, todos nós elaboraremos un debuxo esquemático –esbozo- no que teremos que recoller os elementos visíbels máis salientables e , sobre todo, as “liñas de forza”, os volumes das principais formas do relevo e as grandes formacións arbóreas, así como os elementos construídos -vivendas

Unha vez rematado e previa consulta co/a profe, realizaremos o “escaneado do noso debuxo” co programa gratuito “camscanner” para gardar no noso caderno dixital como un arquivo pdf. A nosa aplicación xeolocaliza o teu debuxo (lembra manter activada a ferramenta de “ubicación” no teu móbil)

Axuda

Consulta esta páxina para entender os elementos compositivos chaves en calquera escena paisaxística.

Recursos

Visita o seguinte enlace no que atoparás o programa camscanner.

Para saber maís

A Frouxeira é unha das lagoas litorais máis importante de Galiza para as aves acuáticas, como indican os censos que se veñen realizando durante os pasos migratorios e a invernada. De feito está catalogada como zona Ramsar pola súa importancia vital para este grupo de aves. Consulta a páxina da Sociedade Galega de Ornitoloxía para saber máis
Continuar