A experiencia perceptiva nas paisaxes prodúcese, no só coa vista, senon con todos os sentidos. Nelas podemos, por exemplo, escoitar moitos sons de orixe diversa. A nós, interésanos, sobre todo, os da natureza: as ondas, o vento, os seres vivos que habitan as nosas terras (non esquezas que estamos nun dos paraísos das aves da nosa costa).
Pois ben, ao longo do percorrido teremos que gravar, polo menos, algún destes sons e xeolocalizalos. A decisión será de acordo co criterio do voso/a profesor/a. E, igualmente, recolleremos mostras de “follas” ou “cortizas”, “area”, “fragmentos de rochas” ou calquera outra mostra que nos chame a atención. Lembra facer unha foto do lugar da recollida da mostra e a nosa aplicación xa a xeolocaliza. Dálle un título á foto e describe brevemente a natureza da mostra (especie de árbore ou arbusto ao que pertence, rocha, etc...)
¡Toca volver ao Cole con toda esta información. Todo un pracer comezar a ler esta paisaxe.!