Webquest Día do Libro
Tarefas
Para poder realizar esta webquest primeiro teredes que pescudar información sobre a celebración do Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, e sobre un dos máis importantes escritores da literatura universal: Miguel de Cervantes.
As tarefas que teredes que facer son as seguintes:
- Pescudar, sobre a data de celebración do Día Internacional do libro e sobre a vida e obra de Miguel de Cervantes Saavedra, autor do libro con máis edicións do mundo, despois da Biblia, "Don Quijote de la Mancha". Seguiredes as indicacións que se reflicten no apartado de "Proceso" para cumplimentar a ficha de información.
- Elaboración dun minilibro. Unha vez completada a ficha de información e analizados os recursos que se achegan, teredes que realizar individualmente un minilibro, con texto e ilustracións, sobre unha das aventuras máis coñecidas de Don Quijote de la Mancha.
Con todos os minilibros faremos unha exposición na biblioteca do centro o Día Internacional do Libro e dos dereitos de autor. Os mellores exemplares pasarán a formar parte dos fondos documentais da biblioteca do centro.
...esta vez toca facer de escritores e ilustradores!!