Conclusión
Para rematar...
Unha vez rematadas as tarefas, deberedes comentar brevemente ao resto dos compañeiros e compañeiras de clase o traballo realizado no voso minilibro.
Como ben sabedes, ao igual que pasa con outras celebracións escolares o día do libro non se debe quedar nunha celebración puntual, senón que deberíamos facer que todos os días, os libros, tivesen protagonismo nas nosas vidas.
Por último, e en gran grupo, imos comentar o que vos suxiren as seguintes frases:
"O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito"
Miguel de Cervantes Saavedra
"Canto máis se le, menos se imita"
Jules Renard
Se lle dás a man a un libro... que sabe onde te pode levar?
Anónimo
Un pouco de lecer
Se remataches as tarefas, podes gozar duns momentos de lecer, ben merecidos, nas seguintes ligazóns:
- Historia do libro. Programa interactivo do INTEF.
- Don quijote de la Mancha. Recurso interactivo da Xunta de Castela e León.
- Recursos de Lingua e Matemáticas do INTEF.
Para rematar, só resta indicar que todos deberiamos comprender que esta forma de traballar é un recurso educativo moi útil, xa que nos vai permitir adquirir coñecementos de xeito divertido e ameno.
Esperamos que realizaras un fantástico e orixinal minilibro...
... Feliz Día do Libro!!!