Proceso
Pescuda sobre o Día do Libro
O primeiro que teremos que facer é completar o cuestionario que se achega nas ligazóns sobre a celebración do Día internacional do libro e sobre a vida e obra de Miguel de Cervantes Saavedra, autor da obra máis importante escrita na lingua castelá.
Esta tarefa de estudo e formación ímola facer por parellas.
Lede con atención os recursos que se achegan para poder completar a tarefa:
- Celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.
- Miguel de Cervantes, vida e obra.
- Vida e Obra de Miguel de Cervantes. Fundación "La Caixa".
- Don Quijote de la Mancha.
- Descarga o cuestionario par poder completalo coa información atopada:
Elaborando un minilibro
Unha vez rematada a pescuda de información sobre Cervantes, e a celebración do Día do Libro, teredes que elaborar un minilibro semellante ao que aparece na imaxe da dereita. Nel plasmaredes, con texto e ilustracións orixinais, unha das aventuras que se vos ofrecen nas seguintes ligazóns de "Don Quijote de la Mancha":
- Don Quixote ármase cabaleiro.
- A aventura dos Xigantes.
- Os rabaños que parecen exércitos.
- Outra versión das 3 aventuras.
Titoriais para elaborar o minilibro:
Para elaborar o minilibro de 8 páxinas podes empregar un dos seguintes titoriais:
- Titorial en pdf para facer o libro de 8 páxinas.
- Ideas para fabricar un minilibro orixinal do Blog Biblioabrazo.
- Como fabricar un minilibro. Web de Actiludis.
- Vídeo titorial 1.
- Vídeo titorial 2.
Para rematar o voso traballo deberedes realizar as tarefas do apartado de "Conclusión"