Saltar navegación

Guía didáctica

Destinatarios

  • Alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria

Obxectivos

  • Coñecer os orixes da celebración do Día do Libro.
  • Identificar aos tres escritores que morreron o 23 de abril..
  • Coñecer a importancia que tiveron as circunstancias da vida na obra de Cervantes.
  • Recoñecer as principais obras de Miguel de Cervantes.
  • Distinguir os protagonistas principais da obra de "Don Quijote de la Mancha".
  • Valorar a importancia da obra de "Don Quijote de la Mancha" na literatura española e universal.
  • Ser capaz de realizar un traballo de investigación.
  • Ser quen de redactar e ilustrar un minilibro.
  • Desenvolver a capacidade creativa para plasmar información nun minilibro.
  • Usar as Novas Tecnoloxías no aula, manexando algunhas funcións propias do Sistema Operativo (copiar, pegar gardar arquivos, etc.), Internet a nivel de usuario, empregar algún programa de edición de textos, empregar programas de edición de presentacións, programas de edición en liña.
  • Ser quen de por en liña os traballos realizados.
  • Valorar a importancia da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor nos colexios.

Contidos

  • Celebración do Día Mundial do Libro e Dereitos de Autor.
  • Miguel de Cervantes Saavedra:
    • Vida.
    • Obra.
  • Don Quijote de la Mancha.
  • Creación de minilibros.
  • O minilibro como recurso na área de lingua.
  • O debate como instrumento para elaborar conclusións.

Competencias

Nesta webquest trabállanse as seguintes “Competencias clave”:

  • Comunicación lingüística (CCL).
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT).
  • Competencia dixital (CD).
  • Aprender a aprender (CAA).
  • Competencias sociais e cívicas (CSC).
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
  • Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Metodoloxía

  • Material: Ordenadores con conexión a internet e impresora. Fichas de recollida de datos e material para escribir. 
  • Software: Programas de navegación por internet, programas de edición de textos (Office, LibreOffice ou Google docs). Aconséllase para traballar con contas de Google que o centro cree as contas necesarias (nomedocentro01,nomedocentro02...) e facilite os datos de usuario e contrasinal ao alumnado.
  • Organización do espazo: Traballaremos no aula de informática pescudando información para completar as cuestións propostas. No aula elaboraremos o minilibro. O traballo de conclusión pódese facer na aula ordinaria.
  • Organización alumnado: O alumnado traballará por parellas para completar o cuestionario sobre a celebración do Día Mundial do Libro. Seguirán a orde que marcan os traballos propostos no "Proceso" desta webquest para realizar as dúas tarefas  encomendadas. Individualmente, realizarán o minilibro da segunda tarefa. En gran grupo realizaremos a exposición do minilibro e o apartado de "Conclusións". As actividades de lecer pódense facer de forma individual ou nas parellas establecidas. 
  • Recursos educativos: Os recursos complementarios aparecen reflictidos no apartado de "Proceso" da webquest..
  • Interrelacións: Nesta tarefa están implicadas todas as áreas do currículo, pero fundamentalmente as áreas de lingua e literatura.

Temporalización

  • Cinco sesións dunha hora no colexio, máis traballo para casa para completar a ilustración do minilibro.

Avaliación

  • O alumnado observará os criterios de avaliación das tarefas antes de comezar a realización das mesmas. Asemade, unha vez rematado o traballo, realizará a autoavaliación e comprobará a puntuación obtida.
  • O profesorado realizará a avaliación das tarefas presentadas segundo os criterios reflectidos na "Avaliación" da WQ.