Saltar navegación

Guía da unidade

icono guía      GUÍA DA UNIDADE

A seguinte unidade  pretende seguir unha metodoloxía de aprendizaxe construtivista, na que o alumnado poida construír o seu propio coñecemento de forma autónoma. Dita unidade pode realizarse tanto de forma autónoma a distancia, como semipresencial ou presencial na aula.

Aínda que a unidade pode ser utilizada como un complemento ao xa visto na aula. A súa realización apoiada co uso do caderno de clase para recoller algunhas actividades, como ademais para que o alumnado elabore os seus propios apuntes sobre a materia tratada, pode ser unha ferramenta axeitada para o traballo destes coñecementos desde esta unidade de forma independente.

O  presente tema corresponde ó segundo desta unidade.



Desenvolvemento dos contidos no tema 2: A función de nutrición I: Aparato dixestivo e nutrición organismos fotosintéticos

Coa finalidade exposta a unidade didáctica presenta a seguinte estrutura:

.

1- Actividades iniciais.

Apartado inicial onde proporanse unha serie de cuestións sobre o aparato dixestivo dos animais e a nutrición autótrofa.. A finalidade destas preguntas non é a súa contestación correcta, senón introducir a unidade, e que o alumnado sexa capaz de valorar os seus propios coñecementos previos sobre a materia a tratar. Finalizada a unidade o alumnado poderá revisalas e reformulalas novamente cos coñecementos adquiridos para valorar os seus progresos.

Ademais inclúe unha animación o episodio nº 2, na que os nosos personaxes introduciranse no interior do aparato dixestivo dunha vaca para descubrir o seu funcionamento.



2 – Actividades desenvolvemento: Aparato dixestivo

Unha vez vista a animación do episodio 2, e a presentación nº 2 do caderno de apuntes de Lynnwin e Pi (no apartado final), sobre o aparato dixestivo dos animais, o alumnado estará en disposición de autoavaliar os seus coñecementos con este cuestionario.



3 Actividades desenvolvemento: A nutrición en organismos fotosintéticos

Para realizar este cuestionario alumnado deberá ver previamente a presentación nº 3 do caderno de apuntes de Lynnwin e Pi, sobre a nutrición autótrofa.



4 – Actividades investigación:

Neste apartado aparecen unha serie de actividades de investigación sobre algúns conceptos relacionados co tema tratado. A súa finalidade é servir como actividades de ampliación para adecuar o aprendizaxe ós distintos ritmos da aula.

Ademais seguindo as pautas marcadas no tema 1 proporase ao alumnado a realización de dous mapas conceptuais que sirvan como resumo do tema.



5 – Caderno de apuntes de Lynwin e Pi

Aínda que este apartado figura ao final os conceptos que aparecen neles son necesarios para realizar as actividades. Como bos científicos Lynwinn e Pi na súa viaxe á Terra tomaron nota de todas as súas observacións, e estas están recollidas no seu caderno. Os apuntes aparecen recollidos en forma de presentacións, que complementan os vídeos e axudarán ao alumnado a contestar ás actividades.

Obxectivos

  1. Coñecer as distintas fases do proceso dixestivo nos animais e a súa relación coas distintas porcións do tubo dixestivo.

  2. Aprender as principais adaptacións dos aparatos dixestivos de diferentes animais ao seu tipo de alimentación

  3. Comprender a nutrición autótrofa

  4. Estudar os procesos implicados na nutrición das plantas.

  5. Diferenciar os procesos de respiración e fotosíntese nas plantas

  6. Diferenciar os procesos de transporte de zume bruto e zume elaborado.

  7. Coñecer as peculiaridades do proceso de excreción nas plantas

.

.

Cos seguintes obxectivos desenvólvense as seguintes competencias básicas:

  1. Competencia en comunicación lingüística: mediante o uso da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrito. A adquisición e uso de vocabulario específico e o uso da linguaxe formal das ciencias e a estimulación da lectura comprensiva das actividades, e mediante a busca de información nas actividades de ampliación.

  2. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico: co coñecemento do funcionamento dos distintos aparellos nos seres vivos e a súa relación con hábitos saudables beneficiosos .

  3. Competencia do tratamento da información e competencia dixital: é o eixe central da unidade didáctica ao traballar nunha aplicación informática. Ademais nos traballos de ampliación posibilítase ao alumnado o manexo das TIC para a súa realización.

  4. Competencia para aprender a aprender: co traballo da unidade didáctica mediante un obxecto dixital educativo (ODE) posibilítase o desenvolvemento da capacidade de regular e construír a propia aprendizaxe, coa finalidade de adquirir e asimilar novos coñecementos.

  5. Competencia de autonomía e iniciativa persoal: mediante a realización, e corrección da unidade dunha forma autónoma, potenciando a autonomía intelectual. Ademais nas actividades de ampliación estimularase o espírito crítico para enfrontarse con situacións cotiáns, participando na busca de solucións, obtendo a satisfacción da adquisición de novos coñecementos científicos.

Precoñecemento

Esta unidade corresponde ao segundo tema da unidade didáctica sobre as funcións dos seres vivos. Antes de comezar é recomendable desenvolver o tema I sobre as funcións dos seres vivos

Ademais deberás revisar os teus coñecementos sobre:

- A composición química dos seres vivos

- A célula e a organización celulares.

- As funcións da célula

- A clasificación dos seres vivos

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0