4 - Actividades investigación
ACTIVIDADES INVESTIGACIÓN
.
Ben , tras coñecer aos nosos protagonistas tal vez teñas dúbidas sobre eles e a vida no universo , polo que podes buscar información sobre algúns destes aspectos propostos a continuación e recollelos no teu caderno:
Actividades investigación

.
.
.
Aínda que Lynnwin e Pi afondaron bastante no estudio do aparato dixestivo, teñen moitas dúbidas sobre algúns aspectos. Seica ti podes axudarlles, busca información sobre os seguintes aspecto e recóllea no teu caderno
1 - Os antibióticos son fármacos usados para tratar enfermidades producidas polas bacterias. O seu uso de forma continuada pode producir problemas dixestivos. Pola contra a toma de iogures ten un efecto beneficioso. Poderías explicar que relación existe entre estes dous feitos.
2 - O proceso de absorción dos nutrientes é moi lento polo que o intestino delgado necesita ter unha gran lonxitude para poder absorber de forma eficiente todos os nutrientes extraídos dos alimentos. Que outras adaptacións anatómicas existen no intestino delgado para aumentar a súa capacidade de absorción? Como afecta ao proceso dixestivo que o alimento pase mais rápido ou lento polo intestino?
3 - Cando inxerimos algún tóxico, como alcohol ou cogomelos velenosos, un dos principais órganos danados é o fígado. Saberías explicar a que é debido?
4 - A dixestión dos arácnidos: se observas unha tea de araña poderás ver os restos de insectos sobre ela, pero en moitas ocasións a araña xa se alimentou deles. De que xeito peculiar fan os arácnidos a dixestión das presas que capturan?
5 - O apéndice dos humanos. Cando alguén sofre unha infección no apéndice (apendicite) , os médicos extirpan este órgano. Tamén ós astronautas que soben ao espazo extírpaselles o apéndice, para evitar unha posible infección que puidera complicar a súa viaxe. Que é este órgano? Cal e a súa función? Por que entón está presente nos seres humanos?
6 – No medio terrestre a materia orgánica que alimenta ós organismos heterótrofos está producida principalmente polas plantas. A que seres vivos corresponde este papel no medio acuático?
7 – Plantas carnívoras: as plantas carnívoras son realmente plantas autótrofas que fan a fotosíntese. Por que entón atrapan insectos?
8 – Vimos que a maioría da vida na Terra depende da fotosíntese, pero non é así en todos os ecosistemas terrestres. Nalgúns lugares da Terra depende a vida da quimiosíntese. Investiga algo máis sobre esta forma de vida. Sería posible a vida a partir da quimiosíntese noutros lugares do Sistema Solar? E a fotosintética?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0