Tras ver o vídeo do episodio 2, le agora na sección do Caderno de apuntes de Lynnwin e Pi o caderno nº 2: "O aparato dixestivo".
Unha vez feito isto xa estarás en condicións de contestar aos seguintes cuestionarios para comprobar os teus coñecementos sobre o tema.
Pregunta Verdadeira ou Falsa
Indica se as seguintes preguntas son verdadeiras ou falsas:
Retroalimentación
Verdadeiro
É correcto
Retroalimentación
Falso
É incorrecto, so nos organismos unicelulares ou pluricelulares moi sinxelos (coma as esponxas), que non posúen aparato dixestivo, a dixestión dos alimentos realízase dentro das células. Nos organismos con aparato dixestivo a dixestión faise no exterior das células a partir dos zumes segregados polo seu aparato dixestivo, e é polo tanto extracelular.
Retroalimentación
Verdadeiro
É verdadeiro, de feito algúns alimentos como os iogures, aportan estas bacterias beneficiosas ao noso aparato dixestivo, polo que ás súas propiedades nutricionais hai que engadir este efecto positivo sobre a nosa saúde.
Retroalimentación
Falso
É incorrecto. A que fragmenta o alimento en anacos mais pequenos e a dixestión mecánica. A química transforma o alimento en substancias distintas, máis sinxelas e fácil de absorber para as células.
Retroalimentación
Falso
É falso. É a dixestión química a que transforma os alimentos en novas moléculas máis sinxelas mediante a acción dos encimas.
Retroalimentación
Verdadeiro
Verdadeiro, xa que son estes aparatos dixestivos os encargados de dixerir os alimentos fora das células.
Retroalimentación
Verdadeiro
Verdadeiro, os cnidoblastos atópanse nos tentáculos que rodean ao orificio da cavidade gástrica, e son os responsables das molestas picaduras dalgunhas medusas.
Retroalimentación
Verdadeiro
Verdadeiro, as esponxas son animais moi simples, sen aparato dixestivo. Para capturar o alimento producen correntes de auga a través dos seus numerosos poros . A parte interior do seu corpo está tapizada por unhas células chamadas coanocitos, encargadas de realizar a dixestión intracelular.
Retroalimentación
Falso
Falso. As esponxas non posúen aparato dixestivo, e polo tanto glándulas para realizar a dixestión. O hepatopáncreas é unha glándula característica dos moluscos como ameixas, lesmas e caracois.
É incorrecto, ao longo do tubo dixestivo distínguense distintas rexións, que realizan funcións moi especificas, adaptando a súa estrutura ao tipo de alimentación do animal.
Retroalimentación
Verdadeiro
É correcto, por exemplo no ser humano mide preto de 6 m.
Retroalimentación
Verdadeiro
É correcto, por iso os animais con dieta herbívora, para dixerir a celulosa deben axudarse da acción de microorganismos como as bacterias que si a poden dixerir.
Retroalimentación
Verdadeiro
Verdadeiro
Retroalimentación
Verdadeiro
Correcto, isto é debido á súa adaptación do estómago en catro cavidades e ao proceso da rumia. Por iso comparando unha vaca (ruminante) cun cabalo (non ruminante) do mesmo peso, a vaca necesita comer menos herba xa que aproveita esta de forma máis eficiente.
Retroalimentación
Verdadeiro
Verdadeiro. As aves non posúen dentes para triturar o alimento. Por iso teñen o seu estómago dividido en dúas porcións, o proventrículo, ou estómago glandular que fai a dixestión química, e a moega ou estómago muscular, con fortes paredes musculares e Pedriñas no seu interior para triturar o alimento.
Retroalimentación
Verdadeiro
Verdadeiro, necesitan grandes cavidades onde aloxar a materia vexetal, cuxa dixestión pola flora bacteriana é moito máis lenta.
Unidade didáctica As funcións dos seres vivos ---------------------------------------Tema 2: A función de nutrición I: Aparato dixestivo e nutrición autótrofa