1 - Actividades iniciais
Actividades iniciais: As funcións dos seres vivos
Lynwin e Pi queren afondar sobre a función de nutrición, e teñen moitas dúbidas ao respecto.
-
- Son todos os aparatos dixestivos iguais nos animais? Por que?
-
- Como conseguen o alimento as plantas? Algún outro organismo na Terra ten unha nutrición similar?
-
- Respiran as plantas como os animais?
.
E ti que pensas sobre estas cuestións? Escribe a túa opinión no teu caderno. Tras finalizar esta unidade poderás revisalas para ver se melloraches os teus coñecementos
.
Ben, unha vez respondido a estas preguntas é hora de empezar a investigar. Vexamos entón o vídeo do EPISODIO 2 O aparato dixestivo. Tras isto podes atopar no caderno de apuntes (no apartado final) máis información para completar con éxito os teus coñecementos e poder completar os cuestionarios do tema.
Episodio 2: O aparato dixestivo
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0