Saltar navegación

3 - Actividades desenvolvemento nutrición organismos fotosintéticos

CUESTIONARIO:  NUTRICIÓN ORGANISMOS FOTOSINTÉTICOS

.

Mira no Caderno de apuntes de Lynnwin e Pi o caderno nº 3: "A nutrición nos organismos fotosintéticos". Despois disto xa estarás en condicións de comprobar os teus coñecementos sobre este tipo de nutrición.

 

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Indica se as seguintes preguntas son verdadeiras ou falsas:

Pregunta 1

Os organismos fotosintéticos posúen nutrición de tipo heterótrofa.

Pregunta 2

As plantas e algas macroscópicas son os únicos organismos que fan a fotosíntese.

Pregunta 3

A absorción da auga e sales minerais prodúcese nas raíces en toda a súa superficie.

Pregunta 4

O zume elaborado está formado por auga e sales minerais.

Pregunta 5

O transporte do zume bruto realízase polos vasos leñosos.

Pregunta 6

Os vasos leñosos forman un tecido chamado floema.

Pregunta 7

Os vasos condutores das plantas posúen pequenas bombas para transportar os zumes a través deles.

Pregunta 8

O intercambio de gases nas plantas realízase a través das membranas celulares dos tecidos externos.

Pregunta 9

A enerxía do sol é captada por un pigmento verde, a clorofila, situada no interior duns orgánulos celulares, as mitocondrias.

Pregunta 10

As células das plantas non posúen mitocondrias.

Suxestión

Pensa cal é a función deste orgánulo e se as plantas realizan esta función.

Pregunta 11

O osíxeno pódese considerar un produto de excreción nas plantas.

Pregunta 12

A aparición fai 3.600 millóns de anos dun grupo de bacterias fotosintéticas, as cianobacterias, cambiou a composición da atmosfera terrestre, pasando dunha atmosfera rica en CO2 a O2.

Pregunta 13

A maioría dos seres vivos da Terra dependen para á súa supervivencia dos organismos fotosintéticos.

Pregunta 14

As plantas fan a fotosíntese polo día e respiran so pola noite.

Pregunta 15

O zume elaborado transpórtase polos vasos liberianos que forman un tecido chamado floema.

Pregunta 16

Nas plantas as necesidades de excreción son moi reducidas polo que non teñen aparato excretor.

Pregunta 17

Nas plantas gran parte dos refugos metabólicos son utilizados do novo para sintetizar diferentes substancias como son aceites esenciais.

Actividade despregable

Le e completa (Unha opción pode usarse unha vez, varias ou ningunha):

 

A enerxía do sol é captada por un pigmento verde, a , situado nuns celulares, os onde ten lugar a .

Esta enerxía é utilizada nos cloroplastos para a partir do e o para  producir .

Ademais neste proceso prodúcese como produto de que é expulsado ao exterior polos .

O ascenso do dende a raíz cara as follas débese a fenómenos como son:

- A das follas: a auga nas follas favorece o ascenso do zume polos vasos

- A que favorece o ascenso dun fluído por vasos de diámetro

- A da columna de auga absorbida pola raíz cara arriba

Habilitar JavaScript

Actividade despregable

Le e completa (Unha opción pode usarse unha vez, varias ou ningunha):

 

O intercambio de gases nas plantas realízase a través duns orificios das follas chamados .

As plantas a través das raíces realizan a absorción de nutrientes .

O proceso mediante o cal as plantas transforman as substancias inorgánicas en orgánicas utilizando a luz solar chámase

A absorción nas raíces prodúcese nunhas estruturas chamadas .

O conxunto de nutrientes inorgánicos absorbidos pola planta pola raíz chámanse .

No proceso da fotosíntese tómase da atmosfera o gas (escribe en letra) e expulsa .

A fotosíntese prodúcese nos das células onde se encontra a , un pigmento capaz de absorber a enerxía luminosa.

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0