PRINCIPAL

Saltar navegación

3- Bloque oriental

 

Comprende a parte máis oriental das provincias de Lugo e Ourense; É tamén o galego falado máis alá das fronteiras administrativas de Galicia, é dicir, a zona do chamado galego exterior. Esta zona inclúe a parte máis occidental de Asturias (Terra Navia-Eo), León (Ancares leoneses e Bierzo occidental) e Zamora (As Portelas). Atención particular merece tamén a fala valverdiana,ou galego do Val de Ellas, en Cáceres.
En xeral, as falas deste bloque, que supoñen xa o límite oriental do galego, presentan trazos máis conservadores da nosa lingua. Neste bloque localízanse catro áreas: asturiana, ancaresa, oriental central e zamorana.

Trazos fonéticos

- Inexistencia de gheada.

- Ausencia de seseo

- Ditongo ui(t), ó lado doutras solucións: truita, luita, mutio, muto

- Redución do ditongo ai diante de x:caxa

- Ditongo -ua- no comezo da palabra cua-: cuatro, cual, cuando.

 

Se cuadra, este gato sobe á figueira cuando come muito.

Trazos morfosintácticos

Solución -ANU, -ANA: en –ao, -á: irmao, irmá.

INU en ín na zona máis oriental: camín, vecín, paxarín.

Plural en –is para substantivos rematados en –n: camiois, pantalois.

Plural dos nomes acabados en –l en –is: caracois.

Pronome Tu.

Distinción te e che. Ancares leoneses e no galego zamorano só te.

Distinción llo /llelo na zona norte e uso de llo na sur.

Formas masculinas dos demostrativos e do pronome persoal de 3ª persoa este, ese, aquel, el; formas neutras esto, eso, aquelo.

Vogal epentética en sílaba final: mutio, pacio, preguicia.

Verbos:

Morfema –is na p5 do presente de indicativo: cantais, marchais, falais.

Formas: fa-i-s, fa-i-n, te-i-s.

Formas con nasal: cantein, cantén, don, von.

Conteio, deixouo (agás na astur-gal: conteilo, deixoulo).

Uso das formas irregulares tedes,vides, no norte e centro; tendes, vindes, no sur.

Segunda persoa do sg. do Pret. de Ind. da 2ª conxugación do tipo comiches.

Presente de subxuntivo con –e pechado ou –a- tónicos (andemos, collamos, partamos)


 

Escoita

Se lavais os pantalois tende conta que poden desflazar. Eso pasoulle ao meu irmao este vrao .

Nas áreas

Outros trazos relevantes, de extensión máis reducida, localízanse nestas áreas do bloque oriental:

- Área asturiana: mantemento do –l- intervocálico: avolo (por avó); molín (por muíño), calente (esta tamén no linde León-Galicia).

- Área ancaresa: vogais nasalizadas: cadea, ua; restos de gheada.

    - Área zamorana: teismo (uso de te como OI): eu non te dou iso. 

        Ausencia de –n nos perfectos fortes (1ª pers): collí, partí.

     

Área zamorana: As Portelas: 1: As Pías , 2: Porto, 3: Lubián, 4: Hermisende