1-2- Características dialectais
Actividade de escoita
Tonhito de Poi puxo música a unha sentida carta escrita en 1920 por un mozo galego emigrante en New York á súa moza Maruja da Cansela. Esa carta, escrita en castelán, coma daquela era habitual, nunca chegou ás mans da destinataria, mais, por razóns difíciles de explicar, hai pouco tempo que apareceu. Procura a historia na rede se queres saber máis; mentres tanto visualiza a interpretación da misiva que fai Tonhito de Poi e localiza as características distintivas do bloque dialectal dos protagonistas.
O enlace é o seguinte:
Actividade de escoita
Grazas ao traballo colaborativo de moitos amantes da nosa lingua, hoxe dispoñemos de ferramentas fantásticas para escoitar e analizar as variedades dialectais da nosa lingua. Unha delas son os vídeos do Ben falado! da TVG, que de seguro xa coñecerás; outra é o Arquivo do galego oral do Instituto da lingua galega, que podes consultar no seguinte enderezo:
Preme en dous audios do Bloque occidental e escóitaos, fixándote nas características distintivas.
Observa
Illas Síes ou Cíes?
Sas ou Zas?
See ou Cee?
Explica a orixe da confusión.
