PRINCIPAL

Saltar navegación

3-1- Exercicio

Actividade de escoita

http://ilg.usc.es/ago/

Preme en dous audios do Bloque oriental e escóitaos, fixándote nas características distintivas.

Pradolongo

A película Pradolongo ambiéntase na zona de Valdeorras, pertencente ao Bloque lingüístico oriental. Como podes comprobar se a ves, os personaxes empregan o galego desa zona. É unha opción lingüística que incide positivamente na verosimilitude da historia que se conta.

Completa os cadros seguintes como che propoñemos e aprenderás os trazos lingüísticos do bloque oriental:

Nº 1: Indica o que sexa correcto:

Gheada

Si/non

Seseo

Si/non

Tu/ ti

Mai/Nai

Aquí/eiquí

Alí/elí

Nº 2: No filme escoitamos formas coma as que figuran neste cadro. Indica as formas correspondentes do galego estándar.

Car

Ditongo -ua- no comezo da palabra cua-

Plural en –is para substantivos rematados en –n.

Terminación verbal da p5 do presente de indicativo en –is.

Eliminación do –d- intervoálico da terminación–ade, -ede e conversión do ditongo –ai.

P2 do presente de indicativo en –is.

cuatro, cuartos,

se cuadra, cuando.

prospecciois

deixai.

esperai, verdai,

teilo claro

veis,

teis, propois.

For

,

,

, .

, ,

,

, .

Habilitar JavaScript

-L- intervocálico

Entre o leste de Galicia e o Bierzo atravesa unha isoglosa (fronteira lingüística) que separa zonas nas que se perdeu o -L- intervocálico latino e zonas nas que se mantén, coma en castelán, ex.: pao/palo. Tamén o podemos observar na toponimia, habitualmente conservadora. O antigo saa (zona de cultivo agrícola, especialmente horta) derivou en sa en Galicia (aínda o podemos observar en "Saavedra" e en Sás de Penelas, por exemplo). No Bierzo atopamos xa "Salas" na toponimia.

No Bierzo, podemos ver outro exemplo deste tipo, a explotación aurífera romana:

Cal é o correspondente de "médulas" en galego?