1- Bloque occidental
Onde está Xoán?

Como se chama a área lingüística na que está Xoán?
Trazo fonéticos
-Gheada: fenómeno que consiste na pronuncia aspirada do /g/ en calquera posición:ghato, algho...
-Seseo: fenómeno consistente na inexistencia do fonema "z" /θ/, no seu lugar, existen dous tipos de "s" /S / (un apical e outro predorsal). Segundo a posición na que se dea, distínguense dous tipos de seseo: implosivo, en posición final de sílaba: lus, des, rapás, etc.; e explosivo, en posición inicial de sílaba: sebola, faser, etc.
lus/sopa (seseo implosivo) //seseo total: sopa/ sebola/lus
-Ditongo oi convive ó lado de ui, que proveñen dos grupos latinos –ULT-, _UCT-, _OCT-, _ORI- (área fisterrá e sur de Pontevedra): noite, troita, loita, moito, coiro, nuite (só fisterrá) truita, luita, cuiro.
-Mantemento do ditongo ai diante de –x: caixa, baixo.
-Eliminación do U do grupo CUA: catro, cando, cal.
Escoita
Onde ghardaches os sapatos neghros?
Se cadra, este ghato sobe á figheira cando come moito.
Trazos morfosintácticos
Nomes:
- Solución das terminacións latinas –ANU, -ANA en –an: (o) irmán, (a) irmán.
- Solución da terminación latina –INU en iño: paxariño, peixiño.
- Plural dos nomes acabados en –n en –ns: camións.
- Plural dos nomes acabados en –l en –les: caracoles.
Pronomes:
- Pronome persoal suxeito de 2ª persoa ti.
- Distinción entre te e che fronte a zonas onde só se emprega che (área fisterrá) ou te (Baixo Miño).
- Uso da contracción llo, tanto referida a el como a eles.
- Formas masculinas dos demostrativos e do pronome persoal de 3ª persoa este, ese, aquel, el; formas neutras isto, iso, aquilo, no centro e sur de Pontevedra.
Verbos:
- Segunda persoa do singular do Pretérito de Indicativo da 2ª conxugación do tipo comeches/comestes.
- Presente de Subxuntivo con –e pechado ou –a- tónicos (andemos, comamos, partamos).
- 2ª persoas do plural do tipo cantades (cantás na fisterrá norte); cantandes e cantais no Baixo Miño).
-
Uso das formas irregulares tendes, vindes.
-
Von, ton: área fisterrá.
-
Uso do verbo tar (estar).
-
corriu/correu.
Neste bloque, o plural de "caracol" é "caracoles".
Escoita o seguinte texto da Festa da Dorna de Ribeira, poñendo atención ás características propias desta área.
Nas áreas
Existen outros trazos de extensión máis reducida e que se localizan nalgunha das áreas deste bloque:
-Área fisterrá: cheísmo (uso de che como OD): vinche na praia.
-Área bergantiñá: terminación –iu na P3 do pret. perf. Dos verbos da 2ª e 3ª conxugación: colliu, partiu.
-Área pontevedresa: terminación –eu na p3 do pret. perf. Dos verbos da 2ª e 3ª conxugación: colleu, parteu. Terminación en -in (verbo parar: parín un autobús para ir a Santiago).
Na área limega (Lovios , Entrimo) mantéñense as consoantes sonoras.
A localidade ourensá de Entrimo aparece no mapa sinalada cunha estrela.
