6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación
1. Cal e a causa máis importante do crecemento demográfico na Revolución Industrial?
-
- A hixiene.
- A mellor alimentación.
- A desaparición das doenzas
- A aparición de novos medicamentos.
2. A revolución industrial comezou a finais do século XVIII en...
-
- Francia.
- Alemaña.
- Os Estados Unidos.
- Inglaterra.
3. Previamente á Revolución Industrial produciuse a chamada Revolución Agrícola, que supuxo un importante aumento da produción. Neste crecemento agrícola, entre outros factores, influíu o proceso de cerramento de parcelas chamado...
-
- Barbeito.
- Enclosures.
- Openfield.
- Bocage.
4. Os primeiros sectores que se industrializaron foron...
-
- A industria metalúrxica e a química.
- A industria conserveira e de alimentación.
- A industria téxtil do algodón e a siderúrxica.
- A industria petroquímica e a navieira.
5. A máquina de vapor foi seguramente a innovación técnica más salientable na primeira revolución industrial. Esta aplicóuselle á industria e despois aos transportes. A quen se lle atribúe tradicionalmente a invención da locomotora?
-
- Watt.
- Fulton.
- Stephenson.
- Arkright.
6. Ademais da máquina de vapor, outro símbolo da primeira Revolución Industrial foi...
-
- O petróleo.
- O gas butano.
- A enerxía solar.
- O carbón.
7. Na Revolución Industrial influíron factores demográficos e, ademais, tivo importantes efectos sobre a poboación...
-
- Produciu unha diminución da poboación.
- Supuxo un aumento dos movementos migratorios e do crecemento das cidades.
- Mellorou as condicións de vida dos labregos más pobres e aumentou a poboación rural.
- Diminuíu a natalidade.
8. A Revolución Industrial supuxo o triunfo dos principios do capitalismo, entre os que estaba o liberalismo económico. Que autor é considerado como o pai do liberalismo económico?
-
- Carlos Marx.
- Thomas Hobbes.
- Rousseau.
- Adam Smith.
9. Como afectou a Revolución Industrial a España?
-
- Non se industrializou.
- Só Cataluña e o País Vasco se industrializaron.
- Afectoulle de igual modo que a Alemaña ou a Francia.
- Foi pioneira.
10. Unha das causas pola que a fabricación de lenzos galegos non conseguiu ter éxito industrial foi...
-
- Eran tecidos de moi pouca calidade.
- Desapareceron os cultivos de liño.
- Os traballadores querían cobrar moito.
- Non foron quen de soportar a competencia dos tecidos cataláns.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License