5. Exercicios de autoavaliación

1.  Cal e a causa máis importante do crecemento demográfico na Revolución Industrial?

    • A hixiene.
    • A mellor alimentación.
    • A desaparición das doenzas
    • A aparición de novos medicamentos.

2. A revolución industrial comezou a finais do século XVIII en...

    • Francia.
    • Alemaña.
    • Os Estados Unidos.
    • Inglaterra.

3.  Previamente á Revolución Industrial produciuse a chamada Revolución Agrícola, que supuxo un importante aumento da produción. Neste crecemento agrícola, entre outros factores, influíu o proceso de cerramento de parcelas chamado...

    • Barbeito.
    • Enclosures.
    • Openfield.
    • Bocage.

4.  Os primeiros sectores que se industrializaron foron...

    • A industria metalúrxica e a química.
    • A industria conserveira e de alimentación.
    • A industria téxtil do algodón e a siderúrxica.
    • A industria petroquímica e a navieira.

5. A máquina de vapor foi seguramente a innovación técnica más salientable na primeira revolución industrial. Esta aplicóuselle á industria e despois aos transportes. A quen se lle atribúe tradicionalmente a invención da locomotora?

    • Watt.
    • Fulton.
    • Stephenson.
    • Arkright.

 6. Ademais da máquina de vapor, outro símbolo da primeira Revolución Industrial foi...

    • O petróleo.
    • O gas butano.
    • A enerxía solar.
    • O carbón.

7. Na Revolución Industrial influíron factores demográficos e, ademais, tivo importantes efectos sobre a poboación...

    • Produciu unha diminución da poboación.
    • Supuxo un aumento dos movementos migratorios e do crecemento das cidades.
    • Mellorou as condicións de vida dos labregos más pobres e aumentou a poboación rural.
    • Diminuíu a natalidade.

8. A Revolución Industrial supuxo o triunfo dos principios do capitalismo, entre os que estaba o liberalismo económico. Que autor é considerado como o pai do liberalismo económico?

    • Carlos Marx.
    • Thomas Hobbes.
    • Rousseau.
    • Adam Smith.

9. Como afectou a Revolución Industrial a España?

    • Non se industrializou.
    • Só Cataluña e o País Vasco se industrializaron.
    • Afectoulle de igual modo que a Alemaña ou a Francia.
    • Foi pioneira.

10. Unha das causas pola que a fabricación de lenzos galegos non conseguiu ter éxito industrial foi...

    • Eran tecidos de moi pouca calidade.
    • Desapareceron os cultivos de liño.
    • Os traballadores querían cobrar moito.
    • Non foron quen de soportar a competencia dos tecidos cataláns.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License