2.2.1 A revolución demográfica
Durante o século XVIII produciuse un aumento da poboación. Explican este incremento o descenso da mortalidade catastrófica, debido á menor incidencia das guerras e sobre todo a unha diminución das epidemias (peste), unido a unha mellor alimentación polo desenvolvemento da agricultura. Mais se este incremento inicial se mantivo foi a causa das transformacións da Revolución Industrial. Deste xeito, as características e as tendencias da poboación mudaron:
- A mortalidade europea, en xeral, e a mortalidade infantil reducíronse.
- A natalidade diminuíu lentamente, aínda que se mantivo alta, o que provocou un forte aumento do crecemento vexetativo da poboación.
- Os movementos migratorios intensificáronse, especialmente co éxodo rural cara ás cidades, mais tamén migracións exteriores, especialmente cara a América.
A estes cambios contribuíron varios factores:
- Maior dispoñibilidade de alimento e erradicación da fame ao aumentar a produtividade.
- Mellora das condicións de seguridade e de orde pública, polo que diminuíu a bandidaxe, a violencia e os enfrontamentos relixiosos.
- As melloras hixiénicas, sanitarias e médicas (por exemplo, a vacina contra a varíola).
- Mellora dos transportes, primeiro cos camiños e as canles, e logo dos ferrocarrís.
Actividades propostas
S4. O aumento da demanda é clave na Revolución Industrial: hai máis poboación e ten máis capacidade de mercar produtos. Observe este gráfico, coa evolución da poboación en Inglaterra e Gales nesta época, e responda despois ás preguntas.
![]() |
|
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License
