Saltar navegación

3. Guía de uso

GeoSoluciones SL

O REA "GeoSoluciones SL"  fai un percorrido polos sentidos xeométrico e socioafectivo que corresponden ao curso de 3º da ESO.

O fío condutor son os distintos encargos que lle chegan a una empresa ficticia chamada "GeoSoluciones S.L.". GeoSoluciones é unha empresa de deseño industrial especializada en xeometría que fai tamén labores de consultoría. A través dos problemas que lles levan os distintos clientes os estudantes traballan o cálculo de distancias, áreas e volumes de corpos xeométricos en contextos reais. Finalmente terán que aplicar o aprendido para poderen deseñar un recipiente coas especificacións que lles require un cliente. 

O REA ten cinco fases ben diferenciadas:

  1. Descrición: "Conócenos"
  2. Exploración: "Preparación para el ascenso"
  3. Conexión: "Nuestros proyectos"
  4. Reto final: "Una IDEA toma forma"
  5. Conclusión: "La IDEA truncada"

Na fase 1 é onde se describe o reto que se quere acadar (deseño de dous recipientes) e tamén onde se crean os grupos de traballo. Esta fase é motivacional e integradora. Moi enfocada cara ao sentido socioafectivo.

Na fase 2 repásanse os principais coñecementos abordados no curso anterior sobre semellanza, teorema de Pitágoras e cálculo de áreas de figuras planas.

Na fase 3 estúdase con máis profundidade os prismas, pirámides, cilindros e conos e introdúcense novos contidos como o concepto de tronco de cono ou tronco de pirámide; todos eles nun contexto empresarial con actividades de maior ou menor complexidade, para resolver de xeito individual e grupal.

Na fase 4 ponse en práctica todo o aprendido no deseño de dous recipientes.

Na fase 5 ponse en valor o aprendido compartíndoo con toda a clase.

O substrato do REA

A idea do REA é traballar a competencia matemática proporcionando ao alumnado situacións reais e variadas, nun contexto laboral, nos que a xeometría apareza como un instrumento útil e potente para modelar e analizar a realidade. 

A intención das persoas elaboradoras do REA é a de visualizar a conexión entre matemáticas e realidade, fomentar a creatividade, o análise crítico e o traballo en equipo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)