Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/s didáctica/s (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA2.1 - Modelizar situacións e resolver problemas de forma eficaz interpretando e modificando algoritmos. | Resolve problemas contextualizados de cálculo de lonxitudes, áreas, volumes ou/e capacidades en figuras planas de forma eficaz interpretando e modificando algoritmos (teorema de Tales, teorema de Pitágoras). |
PE |
10 | 20 |
| CA2.2 - Realizar conexións entre diferentes procesos matemáticos aplicando coñecementos e experiencias. | Realiza conexións entre diferentes procesos matemáticos relacionados coa medida en figuras planas aplicando estratexias para a toma de decisión do grao de precisión requirida. | PE | 10 | 20 |
| CA2.3 - Recoñecer situacións susceptibles de ser formuladas e resoltas mediante ferramentas e estratexias matemáticas, establecendo e aplicando conexións entre o mundo real e as matemáticas e usando os procesos inherentes á investigación científica e matemática: inferir, medir, comunicar, clasificar e predicir. | Recoñece situacións do mundo real susceptibles de ser formuladas mediante conxecturas sobre medidas ou relacións entre as mesmas baseadas en estimacións clasificando correctamente os elementos usados. | PE | 10 | 10 |
| CA2.4 - Representar conceptos, procedementos e resultados matemáticos usando diferentes ferramentas e valorando a súa utilidade para compartir información. | Representa figuras planas usando diferentes ferramentas (lapis e papel ou programas gráficos, por exemplo, GeoGebra) e valorando a súa utilidade para compartir información. | PE | 10 | 20 |
| CA3.3 - Realizar conexións entre diferentes procesos matemáticos aplicando coñecementos e experiencias. | Describe, clasifica e representa figuras xeométricas planas aplicando distintas ferramentas para a súa construción (lapis e papel ou programas de xeometría, por exemplo, GeoGebra). | PE | 10 | 20 |
| CA3.5 - Identificar conexións coherentes entre as matemáticas e outras materias recoñecendo a achega das matemáticas ao progreso da humanidade. | Identifica conexións coherentes entre figuras xeométricas planas correctamente clasificadas e outras materias (por exemplo, Tecnoloxía e Dixitalización) recoñecendo a achega das matemáticas ao progreso da humanidade. | PE | 10 | 10 |
| CA2.1 - Modelizar situacións e resolver problemas de forma eficaz interpretando e modificando algoritmos. | Resolve problemas de cálculo de volumes e áreas de figuras tridimensionais. | PE | 12 | 20 |
| CA2.3 - Recoñecer situacións susceptibles de ser formuladas e resoltas mediante ferramentas e estratexias matemáticas, establecendo e aplicando conexións entre o mundo real e as matemáticas e usando os procesos inherentes á investigación científica e matemática: inferir, medir, comunicar, clasificar e predicir. | Recoñece situacións do mundo real, relacionadas co cálculo de medidas, susceptibles de ser resoltas mediante estratexias de estimación e grao de precisión. | PE | 12 | 20 |
| CA2.4 - Representar conceptos, procedementos e resultados matemáticos usando diferentes ferramentas e valorando a súa utilidade para compartir información. | Representa obxectos tridimensionais con diferentes ferramentas que permitan visualizar as súas propiedades. | PE | 12 | 20 |
| CA3.2 - Recoñecer e usar as relacións entre os coñecementos e as experiencias matemáticas formando un todo coherente. | Recoñece a relación entre unha figura tridimensional e o seu desenvolvemento no plano, empregando ferramentas manipulativas. | PE | 12 | 20 |
| CA3.4 - Recoñecer situacións susceptibles de ser formuladas e resoltas mediante ferramentas e estratexias matemáticas, establecendo e aplicando conexións entre o mundo real e as matemáticas e usando os procesos inherentes á investigación científica e matemática: inferir, medir, comunicar, clasificar e predicir. | Recoñece figuras xeométricas tridimensionais do mundo real e clasifícaas correctamente. | PE | 12 | 10 |
| CA3.6 - Representar conceptos, procedementos e resultados matemáticos usando diferentes ferramentas e valorando a súa utilidade para compartir información. | Representa, usando ferramentas dixitais, figuras xeométricas compostas para o estudo das relacións numéricas. | PE | 12 | 10 |
| CA6.1 - Recoñecer a achega das matemáticas ao progreso da humanidade e a súa contribución á superación dos retos que demanda a sociedade actual. | Recoñece a achega das matemáticas ao progreso da humanidade e a súa contribución á superación dos retos que demanda a sociedade actual. | TI | 13 | 20 |
| CA6.2 - Xestionar as emocións propias e desenvolver o autoconcepto matemático como ferramenta para xerar expectativas positivas ante novos retos matemáticos. | Xestiona as emocións propias desenvolvendo o autoconcepto matemático como ferramenta para xerar expectativas positivas ante novos retos matemáticos. | TI | 13 | 20 |
| CA6.3 - Mostrar unha actitude positiva e perseverante, aceptando a crítica razoada ao lles facer fronte ás diferentes situacións de aprendizaxe das matemáticas. | Mostra unha actitude positiva e perseverante, aceptando a crítica razoada ao facer fronte ás diferentes situacións de aprendizaxe das matemáticas. | TI | 13 | 20 |
| CA6.4 - Colaborar activamente no traballo en equipo, respectando diferentes opinións, comunicándose de maneira efectiva, pensando de forma crítica e creativa e tomando decisións e xuízos informados. | Colabora activamente no traballo en equipo, respectando diferentes opinións, comunicándose de maneira efectiva, pensando de forma crítica e creativa e tomando decisións e xuízos informados. | TI | 13 | 20 |
| CA6.5 - Participar na repartición de tarefas que deban desenvolverse en equipo, achegando valor, favorecendo a inclusión e a escoita activa, asumindo o rol asignado e responsabilizándose da propia contribución ao equipo. | Participa na repartición de tarefas que deban desenvolverse en equipo, favorecendo a inclusión e a escoita activa, asumindo o rol asignado e responsabilizándose da propia contribución ao equipo. | TI | 13 | 20 |
|
Lenda: %: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores. A proba escrita non está incluída no REA. |
||||
Ao desenvolver de maneira conxunta tres temas da programación modelo de Proens, é preciso facer unha media ponderada coas porcentaxes anteriores para o cálculo da cualificación final, porque suman 300.