Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA é un dos oito que cobren, integramente, o currículo da materia de Matemáticas de 3º de ESO.

A referencia para a súa elaboración foi o modelo de programación didáctica de Proens (versión 1 do 14/05/2025).

Os 13 temas deste modelo foron redistribuídos segundo a táboa que está a continuación.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: ℝacionaliza tu monte

UD1: Números racionais.

UD2: Potencias e raíces.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.1, CA1.2, CA1.6

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.6

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

6 %

3 %

11 sesións T1

11 sesións T1

1 sesión T1

REA 2: ¡Math & Rock!

UD3: Proporcionalidade.

UD4: Sucesións.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.5, CA1.6

CA1.1, CA1.3, CA1.4, CA1.6, CA4.3, CA4.4

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

8 %

2 %

11 sesións T1

11 sesións T1

1 sesión T1

REA 3: ¡Fluye!

UD5: Expresións alxébricas. Polinomios e produtos notables.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA4.4, CA4.6, CA4.7, CA4.8

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

8 %

2 %

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 4: Llevando a Galicia hasta el ∞ y + allá

UD6: Ecuacións e sistemas.

UD7: Funcións e gráficas. Funcións lineais e cuadráticas.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.6

CA4.5, CA4.6, CA4.7

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

8 %

8 %

4 %

11 sesións T2

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 5: Llegar a 100... ¡Malo será!

UD8: Táboas, parámetros e gráficos estatísticos.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

2 %

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 6: El legado de San Fiz de Azar

UD9: Azar e probabilidade.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.4, CA5.1, CA5.3, CA5.5, CA5.7, CA5.8

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

2 %

11 sesións T3

1 sesión T3

REA 7: Taller ArTeMática

UD11: Movementos no plano.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA3.1, CA3.4, CA3.5, CA3.6

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

2 %

11 sesións T3

1 sesión T3

REA 8: GeoSoluciones SL

UD10: Problemas métricos no plano.

UD12: Corpos xeométricos.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA3.3, CA3.5

CA2.1, CA2.3, CA2.4, CA3.2, CA3.4, CA3.6

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

6 %

3 %

11 sesións T3

11 sesións T3

1 sesión T3

Todos os REAS

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

20 %

(Reparto proposto de % por REA)

Todos os trimestres

8 sesións

(Reparto proposto de sesións por REA)

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica de Matemáticas para 3º de ESO baséase nas seguintes liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

  • Tomar como punto de partida contextos reais e próximos ao alumnado, empregando tarefas de modelización e exemplos significativos para dar sentido aos contidos.
  • Impulsar a resolución de problemas dándolle un papel central, funcionando como estratexia de aprendizaxe, e non só como obxectivo final.
  • Favorecer o razoamento, a creatividade e a autoestima mediante o pensamento computacional, ligado ao matemático, facilitando a resolución progresiva de situacións complexas.
  • Promover o traballo en equipo como ferramenta para mellorar a motivación, a autonomía e as habilidades sociais.
  • Aplicar metodoloxías diversas, con materiais manipulativos e tecnolóxicos, adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.
  • Incorporar unha perspectiva socioemocional e transversal que fomente a igualdade, o pensamento crítico e a educación en valores.
  • Utilizar a avaliación continua como instrumento para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, detectando dificultades e garantindo a atención á diversidade.

Respecto dos ODS, traballa de xeito transversal os seguintes:

1. ODS 9: Industria, innovación e infraestrutura. Este é o obxectivo central do reto, xa que o alumnado actúa como parte dunha empresa de deseño técnico.

2. ODS 12: Produción e consumo responsables. A optimización do almacenamento ten un impacto directo na sustentabilidade.

3. ODS 4: Educación de calidade. O enfoque de empresa ficticia e os tres niveis de complexidade aseguran unha aprendizaxe significativa e inclusiva.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de Matemáticas de 3º da ESO (curso 25-26), contextualízase nas unidades didácticas: 10. "Problemas métricos no plano", 12. "Corpos xeométricos" e 13. "Matemáticas para a vida en sociedade".

A proposta é traballalo no terceiro trimestre.

O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contidos 2. "Sentido da medida", 3. "Sentido espacial" e 6. "Sentido socioafectivo".

Contidos Bloque da materia
  • C2.1 - Medición
    • C2.1.1 - Representación e modelización de obxectos tridimensionais para visualizar as súas propiedades e resolver problemas con eles.
    • C2.1.2 - Resolución de problemas contextualizados que impliquen o cálculo de lonxitudes, áreas, volumes e capacidades en formas planas e tridimensionais.
  • C2.2 - Estimación e relacións
    • C2.2.1 - Formulación de conxecturas sobre medidas ou relacións entre elas baseadas en estimacións.
    • C2.2.2 - Estratexias para a toma de decisión xustificada do grao de precisión requirida en situacións de medida.

Bloque 2

Sentido da medida

  • C3.1 - Figuras xeométricas de dúas e tres dimensións
    • C3.1.1 - Descrición e clasificación de figuras xeométricas planas e tridimensionais e o seu uso en problemas contextualizados.
    • C3.1.2 - Construción de figuras xeométricas con ferramentas manipulativas e dixitais, como programas de xeometría dinámica, realidade aumentada etc.
  • C3.3 - Visualización, razoamento e modelización xeométrica
    • C3.3.1 - Modelización xeométrica para representar e explicar relacións numéricas e alxébricas na resolución de problemas.

Bloque 3

Sentido espacial

  • C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
    • C6.1.1 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
    • C6.1.2 - Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe como a autoconciencia e a autorregulación.
    • C6.1.3 - Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
  • C6.2 - Traballo en equipo e toma de decisións.
    • C6.2.1 - Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
    • C6.2.2 - Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
  • C6.3 - Inclusión, respecto e diversidade.
    • C6.3.1 - Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
    • C6.3.2 - Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.

Bloque 6

Sentido socioafectivo

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 4 Interpretar, modelizar e resolver problemas da vida cotiá e propios das matemáticas, aplicando diferentes estratexias e formas de razoamento para explorar distintas maneiras de proceder e obter posibles solucións.
OBX 5 Recoñecer e utilizar conexións entre os diferentes elementos matemáticos interconectando conceptos e procedementos para desenvolver unha visión das matemáticas como un todo integrado
OBX 6 Identificar as matemáticas implicadas noutras materias e en situacións reais susceptibles de ser abordadas en termos matemáticos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos en situacións diversas.
OBX 7 Representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos, información e resultados matemáticos usando diferentes tecnoloxías, para visualizar ideas e estruturar procesos matemáticos.
OBX 9 Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e o gozo na aprendizaxe das matemáticas.
OBX 10 Desenvolver destrezas sociais recoñecendo e respectando as emocións e as experiencias dos demais, participando activa e reflexivamente en proxectos en equipos heteroxéneos con roles asignados para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e grupal e crear relacións saudables.

A continuación, inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE2, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)