Temporalización do REA
A programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de Lingua Galega e Literatura de 2º da ESO prevé unha duración aproximada de 15 sesións para a UD 7: A andoriña, nas que se integra este REA.
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
Comezamos o voo! |
|
Presentación da obra Ícaras mediante lectura facilitada e/ou lectura dramatizada. Introdución do reto final e inicio do diario de aprendizaxe cunha reflexión persoal sobre a liberdade, o medo e o desexo de voar. |
2 sesións |
|
A vida é puro teatro |
|
Activación dos coñecementos previos sobre o xénero teatral e os seus subxéneros. Lectura e análise de fragmentos dramáticos. Traballo co vocabulario específico do teatro e coas propiedades textuais básicas. |
4 sesións |
|
Cousas que nos cortan as ás |
|
Relación entre a obra e a realidade persoal e social do alumnado. Análise de roles de xénero, micromachismos e linguaxe discriminatoria. Actividades reflexivas e creativas individuais e grupais. Continuación do diario de aprendizaxe. |
4 sesións |
|
Sen medo a voar |
|
Creación cooperativa do sketch teatral ou peza vídeo-performática. Reparto de roles, elaboración do guión, ensaios e posta en escena. Aplicación dos contidos lingüísticos e literarios traballados. |
4 sesións |
|
Aterraxe |
|
Presentación dos produtos finais. Espazos de coavaliación, autoavaliación e reflexión final sobre o proceso e a aprendizaxe realizada. |
1 sesión |