Contextualización do REA na programación de materia
Este Recurso Educativo Aberto inscríbese na proposta global de cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura, orientada ao deseño de situacións de aprendizaxe competenciais, inclusivas e contextualizadas, que integran lectura, reflexión lingüística, creación artística e pensamento crítico. O REA responde aos principios do proxecto cREAgal ao fomentar a participación activa do alumnado, a accesibilidade aos contidos e a transferencia da aprendizaxe a contextos reais e significativos.
No marco da programación modelo de Proens, este REA desenvolve os contidos e criterios de avaliación correspondentes á UD 7: A andoriña, contribuíndo á adquisición progresiva das competencias comunicativas e literarias propias do nivel. A proposta articúlase arredor da lectura dunha obra teatral contemporánea e culmina nun reto creativo que permite ao alumnado aplicar os coñecementos adquiridos mediante a creación dun sketch teatral colectivo, reforzando así a coherencia entre currículo, metodoloxía e avaliación.
Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 6 REA, unha proposta global para a materia de LGL (Lingua Galega e Literatura) de 2º de ESO do proxecto cREAgal para conter as 9 UD (Unidades Didácticas) recollidas da programación modelo de Proens vixente ao curso 2025 – 2026.
A distribución do conxunto de REA da materia de LGL de 2º ESO respecta a temporalización por trimestre e a secuencia de UD da programación modelo Proens. Ademais, a proposta de emparellar dúas UD en algún REA de cada trimestre respecta os elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.
Relación dos REA coa programación modelo de Proens
| Número de REA e título | Unidade/s didáctica/s (Proens) | Criterios de avaliación traballados | % (Orientación de Proens) | Temporalización |
|---|---|---|---|---|
| REA 1: “Lecturas compartidas” | UD 1 “O longueirón” + UD 2 “O lucecú” | CA1.1 — CA2.1 — CA3.2 — CA3.7 — CA4.1 — CA2.3 — CA3.1 CA1.1 — CA2.1 — CA2.6 — CA3.1 — CA3.2 — CA4.1 — CA2.3 |
10 + 10 | 1º Trimestre |
| REA 2: "A praza das linguas" | UD 3 “O papagaio” | CA1.1 — CA1.2 — CA2.3 — CA3.2 — CA3.4 — CA4.1 | 15 | 1º Trimestre |
| REA 3: “Quen ten boca, ten un pódcast!” | UD 4 “O lagostino” + UD 5 “A toupa” | CA2.1 — CA2.2 — CA3.7 — CA4.1 — CA4.5 — CA2.4 — CA2.5 CA2.1 — CA4.1 — CA4.4 — CA2.2 — CA2.8 — CA2.10 — CA3.6 |
10 + 10 | 2º Trimestre |
| REA 4: "Operación viñeta!" | UD 6 “A cegoña” | CA2.1 — CA3.1 — CA3.3 — CA3.5 — CA3.9 — CA4.2 — CA4.3 | 15 | 2º Trimestre |
| REA 5: “Ícaras: voa sen medo a caer!” | UD 7 “A andoriña” | CA2.1 — CA3.1 — CA3.2 — CA3.7 — CA3.8 — CA4.1 — CA1.2 | 15 | 3º Trimestre |
| REA 6: "Onde hai noticia?" | UD 8 “A vacaloura” | CA2.1 — CA2.2 — CA2.3 — CA2.4 — CA2.7 — CA2.9 — CA4.1 | 15 | 3º Trimestre |