| Título | Guía didáctica do recurso "Ícaras: voa sen medo a caer!" |
|---|---|
| Descrición |
Esta é a guía do REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria. A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor o coñecemento da linguaxe propia da literatura dramática co fin de que o alumnado sexa capaz de transmitir, na súa creación, as inquedanzas e os desexos que lle suscita a súa propia reflexión. Estes coñecementos trabállanse cun enfoque competencial orientado á reflexión, á análise e á aplicación práctica dos saberes da materia. No reto proposto, o alumnado aprenderá coñecementos de dialectoloxía da lingua galega, coñecerá algúns contidos sintácticos e as propiedades textuais. As actividades están destinadas á creación dun produto final, un sketch teatral creado a partir da lectura dunha obra recomendada de literatura dramática (en formato papel, electrónico ou audiolibro). Cómpre ter en conta que na situación de aprendizaxe se recuperan e se amplían contidos que xa se traballaron nos REA do Proxecto cREAgal de 1º da ESO, nomeadamente no REA titulado "A vida é puro teatro". |
| Persoas elaboradoras |
Beatriz González Blanco |
| Organización |
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | "Ícaras: voa sen medo a caer!"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
