Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

A proposta de traballo cREAgal para o currículo de Música en 2.º de ESO baséase nunha organización metodolóxica centrada en proxectos competenciais, que combina unidades didácticas de contido máis teórico con outras de carácter práctico. Isto supón unha redistribución temporal das unidades didácticas previstas na programación modelo de Proens, aspecto que o profesorado debe ter en conta. Esta adaptación non modifica nin os contidos nin os criterios de avaliación establecidos na programación orixinal.

A avaliación de cada REA realízase segundo os pesos das unidades didácticas que inclúe. Dentro de cada REA, os criterios de avaliación avaliables mediante TI (Táboas de indicadores) manteñen os pesos prorrateados da proposta Proens. As probas escritas non se incorporan nos REA.

A nova secuenciación de unidades non altera a avaliación global da materia. O peso total de cada unidade didáctica continúa sendo o mesmo, e os criterios de avaliación aplícanse coas mesmas proporcións. A avaliación trimestral segue o método de cálculo da programación modelo Proens, é dicir, a media ponderada das unidades impartidas e o prorrateo das que continúan entre trimestres.

Así, o profesorado que empregue os REA de cREAgal para impartir Música en 2.º de ESO só deberá axustar os cadros correspondentes aos trimestres das unidades na programación modelo de Proens.

Esta proposta cREAgal non modifica o sistema de avaliación establecido no modelo de Proens, senón que reorganiza pedagoxicamente o proceso para integrar mellor a parte teórica e a práctica, reforzando o enfoque competencial da materia.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Silencio que soa!" UD 1 Parámetros do son: ruído, música e silencio
UD 2 Elementos rítmicos e melódicos: duración e altura
UD 9 A improvisación na música e na danza: improvisación libre e guiada, introdución ao Jazz
CA1.3, CA1.4, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA3.4   25 % 1.º trimestre
REA 2: "Unha viaxe polo mundo: creando un conto musical intercultural" UD 3 Harmonía: introdución aos acordes básicos
UD 6 A voz: produción do son, clasificación das voces e agrupacións vocais. Técnicas de canto. Timbre II
UD 8 Música e danzas de España e do mundo
CA1.2, CA1.3, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA3.1, CA3.2, CA3.3 25 % 1.º- 2.º trimestre
REA 3: "Foliada virtual" UD 4 Texturas e formas musicais
UD 7 Música e danza en Galicia: desde o tradicional ata a actualidade
UD 12 Música en vivo: son músico e son público
CA1.1, CA1.3, CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.6 25 % 2.º - 3.º trimestre
REA 4: "A banda sonora da túa vida" UD 5 Instrumentos da tradición musical occidental Europea: Timbre I
UD 10 Música popular urbana, medios de comunicación e cine
UD 11 Música e tecnoloxía: ferramentas dixitais de edición, recepción e creación
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA2.3, CA2.4, CA2.6, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.6 25 % 3.º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta guía didáctica enmárcase nos seguintes bloques temáticos de Música de 2.º ESO:

Bloque 1. Escoita e percepción. A través deste bloque vaise traballar o concepto de identidade cultural. Por unha banda, realizarase por medio da exposición de diferentes propostas audiovisuais que permitan o achegamento ao patrimonio musical e dancístico galego e español como fonte de inspiración e coñecemento das posibilidades destas artes e como medio de expresión de sentimentos e emocións. Por outro lado, tamén se propón unha escoita activa continua nas actividades de clase, así como a escoita en directo do traballo que fan outros compañeiros sobre as pezas incorporadas ao longo deste REA. Finalmente, tamén se propón a escoita das gravacións dos distintos estudantes a través da actividade da recolleita.

Bloque 2. Interpretación, improvisación e creación escénica. Con este bloque preténdese a aprendizaxe de conceptos clave da linguaxe musical desde o entendemento da aula como un espazo dinámico no que o alumnado se sinta cómodo expresando as súas ideas, a través da utilización do seu corpo en movemento, da súa voz e dos instrumentos musicais. Aprender a música a través da experiencia de ser músico, partindo do traballo en grupo no que cada persoa achega de xeito colaborativo.

Bloque 3. Contextos e culturas. A través deste bloque aproximarémonos ás distintas características da música e da danza de Galicia e de España, introducindo coas propostas achegadas distintos conceptos da linguaxe musical e achegándonos á nosa cultura. 

Neste 2.º curso de ESO, a materia centrarase no traballo, coñecemento e dominio dos principais elementos da linguaxe musical que permitan entender e executar partituras básicas; na escoita, recoñecemento e creación de formas musicais, dancísticas e texturas básicas; asentar os principios técnicos da interpretación instrumental e vocal; comprender e respectar as normas básicas da actuación en público e asistencia a espectáculos musicais e dancísticos; e no coñecemento das tradicións musicais e dancísticas do noso país e doutras partes do mundo. Ademais esta proposta didáctica está relacionada cos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

ODS 3: Garantir unha vida saudable e promover o benestar para todas as persoas en todas as idades. Xa que a través da expresión corporal e as actividades de canto e control da respiración do alumnado favorécense a expresión das emocións, redúcese o estrés e a ansiedade e créanse espazos de aprendizaxe seguros e motivadores.

ODS 4: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe ao longo da vida para todas as persoas. Neste REA promóvese a participación nun proxecto colectivo no que cada persoa pode contribuír segundo as súas capacidades.

ODS 5: Lograr a igualdade de xénero e apoderar a todas as mulleres e nenas. Neste REA preténdese acabar coa discriminación de xénero a través da reflexión sobre o papel das mulleres e dos homes no folclore, cal é a situación actual e como reverter as prácticas tradicionais que favorecían a desigualdade. 

ODS 10: Reducir as desigualdades dentro e entre os países. Por medio deste REA búscase reflexionar sobre a cultura propia e a allea, integrando a toda a poboación e poñendo en valor as distintas culturas, de forma que se valore o que aporta cada un dos estudantes e a súa herdanza e identidade.

ODS 16: Promover sociedades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sostible. A través deste proxecto traballase o respecto polas diferentes culturas e o diálogo a través da música.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Contextualización do REA en relación coa programación modelo de Proens.

O marco curricular no que se desenvolve esta situación de aprendizaxe é o das unidades didácticas UD 4 Texturas e formas musicais, UD 7 Música e danza en Galicia: desde o tradicional ata a actualidade e UD 12 Música en vivo: son músico e son público, propostas na programación modelo PROENS da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na comunidade autónoma de Galicia.
Este REA abrangue contidos correspondentes a finais do primeiro trimestre do curso (UD 4), do segundo (UD 7) e do terceiro (UD 12). Está pensado para ser impartido entre o segundo e terceiro trimestre, constituíndo a terceira unidade de esta proposta cREAgal.

A continuación expóñense os contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos Bloque da materia
  • C1.3 - Texturas monofónicas e polifónicas, melodía acompañada. Formas musicais: motivo, frase, formas binarias, ternarias, forma rondó, formas musicais da canción popular urbana.
  • C1.4 - Obras musicais e dancísticas características do patrimonio cultural e musical galego, español ou do mundo: análise, descrición e valoración dos seus trazos básicos.
  • C1.5 - Compositoras e compositores, artistas, intérpretes e agrupacións internacionais, nacionais, rexionais e locais, con especial atención aos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Bloque 1

Escoita e percepción

  • C2.3 - Repertorio vocal, instrumental ou corporal, individual ou grupal, de distintos tipos de música do patrimonio musical propio e doutras culturas.
  • C2.4 - Técnicas básicas para a interpretación: técnicas vocais, instrumentais e corporais, técnicas de estudo e de control de emocións.
  • C2.6 - Normas de comportamento e participación en actividades musicais e escénicas de interpretación.

Bloque 2

Interpretación, improvisación e creación escénica

  • C3.2 - As músicas tradicionais en España e a súa diversidade cultural: instrumentos, cancións, danzas e bailes. Estudo das súas características e interpretación.
  • C3.3 - A música en Galicia: instrumentos, formas tradicionais, danzas e xéneros tradicionais, populares e urbanos. Análise, interpretación e creación.
  • C3.5 - Músicas populares, urbanas e contemporáneas: análise, interpretación e creación dun proxecto propio baseado nos estilos estudados.

Bloque 3

Contextos e culturas

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA:

Obxectivos Descrición
OBX1 Analizar obras de diferentes épocas e culturas identificando as súas principais características estilísticas e establecendo relacións co seu contexto, para valorar o patrimonio musical e dancístico como fonte de gozo e de enriquecemento persoal. 
OBX3 Interpretar pezas musicais e dancísticas xestionando adecuadamente as emocións e empregando diversas estratexias e técnicas vocais, corporais ou instrumentais, para ampliar as posibilidades de expresión persoal. 
OBX4  Crear propostas artístico-musicais, de xeito individual ou grupal, empregando a voz, o corpo, instrumentos musicais e ferramentas tecnolóxicas para potenciar a creatividade e identificar oportunidades de desenvolvemento persoal, social, académico e profesional. 
OBX5  Coñecer, valorar e respectar o patrimonio artístico e musical de Galicia e da contorna, a través das achegas relevantes na cultura e na sociedade galegas, para apreciar a importancia do noso acervo dentro dos procesos de globalización. 

Competencias clave e os descritores operativos traballados:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2, CCL3
Competencia plurilingüe (CP) CP2, CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM3
Competencia dixital (CD) CD1, CD2
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3
Competencia cidadá (CC) CC1
Competencia emprendedora (CE) CE1, CE3
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC) CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)