Temporalización do REA
Táboa na que se relacionan as diferentes fases da situación de aprendizaxe do REA do alumnado co número de sesións previstas para cada unha delas, recollendo unha breve descrición do traballo a desenvolver nas diferentes seccións de cada fase.
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
| 1. Foliada virtual |
1.1. Aires de festa |
Presentación do reto | 1 sesión |
| 2. Collendo o compás |
2.1. Eu quero verte danzar |
Despois da presentación do reto, o alumnado revisará algúns contidos que xa traballou durante o curso, como a forma musical ou os compases, así como volverá a achegarse ás danzas de España. Ademais, o segundo día achegarase de forma activa a unha danza de paus da música española. |
3 sesións |
| 3. O son da foliada |
3.1. Alalá |
O alumnado achegarase á actividade da recolleita, para a cal utilizarase unha sesión. |
10 sesións |
| 4. Gravando e creando |
Nesta fase o profesorado guía o alumnado no proceso de organizar e dar forma final á foliada virtual, partindo do traballo realizado nas fases anteriores para ser quen de estruturala: decidir os grupos, elaborar o guión, gravar os vídeos e finalmente montalos e expoñelos. |
4 sesións | |
| 5. Compartindo a foliada |
Na fase 5 o profesorado acompaña o alumnado no peche do proxecto, promovendo unha reflexión final individual e grupal, guiando a valoración do aprendido a nivel musical, creativo e persoal. |
1 sesión |