Como?
No REA “Expoñendo a Prehistoria”, presentamos un recurso educativo que parte da idea fundamental do DUA que calquera alumno/a pode utilizalo sen necesidade de adaptar este recurso posteriormente, planificándoo partindo da diversidade existente. Como?
a. Na secuenciación do reto en diferentes fases:
- Presentación dunha situación real que motive o alumnado de 1ºESO.
- Vinculación cos coñecementos previos que o alumno/a ten de Educación Primaria sobre a Prehistoria.
- A organización do reto e conexión dos coñecementos previos da Prehistoria coa Exposición. Traballando tanto en equipo como individualmente.
- Presentación do reto "Exposición" logrado polo alumno/a e polo grupo.
- Conclusión: avaliación e coavaliación do feito.
b. Un recurso que combina todos os formatos e niveis, caso do ensino tradicional (contidos descargables) cos medios dixitais tentando chegar ao maior número de realidades individuais do alumnado.
c. Un recurso, cuns principios e pautas fáciles de utilizar para o profesorado.