Orientacións e recomendacións de uso
As recomendacións máis destacas para a utilización deste REA na aula polo profesorado son:
Recursos materiais necesarios
Este REA está deseñado para poder ser realizado en formato dixital, inda que pode empregarse indistintamente papel e bolígrafo, polo tanto non é preciso ningún recurso material especial.
Proposta de agrupamentos para actividades grupais
Neste REA propóñense actividades individuais e grupais, considerando as seguintes premisas:
Recoméndase a creación de grupos de 4-5 alumnos/as.
Algunhas das tarefas están especificamente deseñadas como actividades grupais, onde se pretende que o alumnado traballe de forma cooperativa e colaborativa. Con isto queremos:
- Que o alumnado aprenda a coordinarse na realización de tarefas e aumente a súa autonomía persoal.
- Que cada alumno/a asuma un papel colaborativo durante a realización do reto.
- Que os grupos teñan en conta a diversidade de intereses e capacidades.
- Mellorar e fomentar o respecto entre o alumnado.
- Crear un clima de traballo activo e positivo.
- Valorar o progreso e aconsellar o alumnado nas súas dificultades.
Para isto, aconsellámos ao profesorado que ao utilizar este REA "Expoñendo a Prehistoria" na aula, teña en conta o deseño e planificación de actividades individuais, grupais e multinivel adaptadas á diversidade de intereses e capacidades do alumnado de 1ºESO. Actividades adaptables ás diferentes contornas educativas.
Produtos finais
O produto final consiste na resolución do reto "Organizar e montar unha Exposición" e na promoción e autoavaliación da mesma.
Para conseguilo, o alumnado deberá seguir os seguintes pasos:
- Investigar os obxectos das caixas. Con nome, data, material, técnica e función.
- Coñecer e situar as distintas etapas da Prehistoria. Paleolítico, Neolítico, Idade dos Metais.
- Organizar unha exposición para desfrute de todo o centro. Crear un cartel, montar un vídeo promocional, facer unha guía.
- Difundir a exposición.
Enfoque multinivel do reto
Pretendemos que un grupo de alumnos e alumnas de 1º ESO da materia de Xeografía e Historia atopen unha relación dos contidos da UD sobre Prehistoria coa súa contorna a través da organización e montaxe dunha exposición.
Durante as diferentes fases do reto o alumnado realizará diferente tipo de actividades, acompañado de contidos agrupados por temática en relación coa Prehistoria, e acompañado de materiais audiovisuais para facilitar a comprensión dos mesmos.
Para a montaxe da exposición os grupos poderán elixir entre as opcións do cartel, o vídeo ou a guía.