Eixes da proposta didáctica
Partiremos da montaxe e organización dunha exposición sobre Prehistoria no noso centro. Para isto pedímoslle a diferentes museos do mundo que nos enviasen obxectos sobre este período da Historia, pero axiña nos decatamos de que estes non estaban gardados nas diferentes caixas seguindo unha orde cronolóxica. Por tanto, será necesario:
a. Aprendizaxe cooperativa.
b. Utilización dun criterio científico adaptándonos ao alumnado e á súa realidade.
c. Incorporración dos medios dixitais necesarios.
d. Carácter integrador dos contidos (catro áreas temáticas), partindo da periodización clásica da Prehistoria.
e. Contribución á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible, en concreto do ODS 4 “Garantir unha educación inclusiva e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe para todos e todas”.