Expoñendo a Prehistoria
Este REA (Recurso Educativo Aberto) está deseñado co obxectivo afianzar e ampliar os contidos sobre a Prehistoria do alumnado de 1º ESO na materia de Xeografía e Historia.
Como obxectivos a alcanzar:
- Coñecer as etapas nas que se divide a Prehistoria.
- Recoñecer cales son os recursos que temos para coñecer esta etapa (fontes) e cales son os métodos que podemos utilizar para datalos.
- Identificar os cambios físicos e sociais asociados á hominización e á aparición de sociedades máis complexas.
- Coñecer as técnicas e os materiais característicos en cada etapa da Prehistoria.
- Relacionar as expresións artísticas da Prehistoria cos períodos e os grupos sociais aos que pertencen.