Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

As recomendacións máis destacas para a utilización deste REA na aula polo profesorado son:

Recursos materiais necesarios

Este REA está deseñado para poder ser realizado en formato dixital, inda que pode empregarse indistintamente papel e bolígrafo, polo tanto non é preciso ningún recurso material especial.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Neste REA propóñense actividades individuais e grupais, considerando as seguintes premisas:

Recoméndase a creación de grupos de 4-5 alumnos/as,.
Algunhas das tarefas están especificamente deseñadas como actividades grupais onde se pretende que o alumnado traballe de forma cooperativa e colaborativa. Con isto queremos:

  • Que o alumnado aprenda a coordinarse na realización de tarefas e aumente a súa autonomía persoal.
  • Que cada alumno/a asuma un papel colaborativo durante a realización do reto.
  • Que os grupos teñan en conta a diversidade de intereses e capacidades.
  •  Mellorar e fomentar o respecto entre o alumnado.
  • Crear un clima de traballo activo e positivo.
  • Valorar o progreso e aconsellar ao alumnado nas súas dificultades.

Para isto, aconsellámoslle ao profesorado que ao utilizar este REA "Roubo no Museo Arqueolóxico de Atenas" na aula, teña en conta o deseño e planificación de actividades individuais, grupais e multinivel adaptadas á diversidade de intereses e capacidades do alumnado de 1ºESO.  Actividades adaptables ás diferentes contornas educativas. 

Produtos finais

O produto final consiste na resolución do reto "Devolución das pezas ao Museo Arqueolóxico de Atenas" e na súa promoción e autoavaliación.

Enfoque multinivel do reto

Pretendemos que un grupo de alumnos e alumnas de 1º ESO da materia de Xeografía e Historia atopen unha relación dos contidos da UD 9 sobre A Hélade, coa súa contorna a través da organización e montaxe dunha exposición, así durante as diferentes fases do reto o alumnado realizará diferente tipo de actividades, acompañado de contidos agrupados por temática  en relación coa  Antiga Grecia, e acompañado de materiais audiovisuais para facilitar a comprensión destes.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)