Roubo no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas
Este REA (Recurso Educativo Aberto) está deseñado co obxectivo afianzar e ampliar os contidos sobre a Antiga Grecia (dentro da Idade Antiga), do alumnado de 1º ESO na materia de Xeografía e Historia.
Partiremos do roubo no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas, dunha serie de pezas enviadas por diferentes museos do mundo para unha exposición sobre a Antiga Grecia, xusto antes da súa inauguración a directora do Museo recibe unha misteriosa mensaxe de Kleptis, que tras presentar a correspondente denuncia ante a policía e ante o medo de que estas valiosas pezas acaben nas mans dos traficantes de obras de arte, chama por teléfono á nosa Elba, que colaborou xa en numerosas ocasións co Museo ateniense.
A través do seguimento das mensaxes de Kleptis sobre as pezas "roubadas" do Museo, a directora Helena Stamakatis, Elba, xunto co alumnado de 1ºESO, coñecerán máis profundamente diferentes aspectos da Historia da antiga Grecia.