Contextualización do REA na programación de materia
Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Xeografía e Historia en 1º da ESO. O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens versión 1 publicada na plataforma dende 2022 ata xuño de 2024, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta e garantir a coherencia coa planificación curricular.
A proposta de REA de cREAgal organiza as unidades didácticas, ou partes delas, en diversos recursos, creando unha secuencia coherente ao longo do curso. A planificación completa contempla un total de oito REA.
No caso da UD 4, esta divídese en dúas partes que se desenvolven en dous REA distintos, ambos situados no primeiro trimestre, polo que o reparto é axeitado e mantén a coherencia temporal prevista.
O REA 3 integra as UD 3 e 5, programadas na proposta Proens no primeiro e segundo trimestre respectivamente. A súa realización coincidirá co cambio de trimestre, polo que a distribución é viable e encaixa dentro da secuencia global do curso.
Relación dos REA coa programación modelo de Proens
| Número de REA e título | Unidade/s didáctica/s (Proens) | Criterios de avaliación traballados | % Peso Materia (Orientación de Proens) | Temporalización |
|---|---|---|---|---|
| REA 1: "Camiñamos, aprendemos e non nos perdemos" | UD1 O planeta Terra e a súa representación UD4 Os medios naturais (primeira parte) |
CA1.3, CA1.6, CA1.7, CA2.1, CA3.3 | 12,5% | 1º trimestre |
| REA 2: "Sol, auga e plantas" | UD2 Climas da Terra UD4 Os medios naturais (segunda parte) |
CA1.3, CA1.7, CA2.1, CA3.3 | 12,5% | 1º trimestre |
| REA 3: "Un planeta en apuros" | UD3 Emerxencia climática UD5 O impacto humano sobre o medio natural |
CA1.2, CA1.4, CA1.5, CA1.8, CA2.3, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.8 | 10% | 1º e 2º trimestre |
| REA 4: "Expoñendo a prehistoria" | UD6 As sociedades prehistóricas | CA1.1, CA2.2, CA2.3, CA2.5, CA2.6 | 10% | 2 trimestre |
| REA 5: "Na procura das civilizacións perdidas" | UD7 A Antigüidadade en Asia e África UD8 A civilización Exipcia |
CA1.1, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA3.5, CA3.7 | 20% | 2º trimestre |
| REA 6: "Roubo no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas" | UD9 A Hélade | CA1.1, CA1.8, CA2.2, CA2.7, CA2.8, CA3.6 | 10% | 3º trimestre |
| REA 7: "Que fixeron os romanos por nós?" | UD10 Roma UD12 As expresións artísticas na Antigüidade |
CA1.1, CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA2.7, CA2.8, CA3.4, CA3.7 | 15% | 3º trimestre |
| REA 8: "Gallaecia 2.0: do Imperio Romano ao Reino Suevo" | UD11 Os pobos bárbaros | CA1.1, CA1.3, CA1.5, CA2.4, CA3.5 | 10% | 3º trimestre |