Metodoloxía
Dentro do proxecto cREAgal partimos dunha metodoloxía baseada na aprendizaxe por competencias que o profesorado de 1º ESO da materia de Xeografía e Historia poderá adaptar ao seu centro e alumnado para empregar este REA (Recurso Educativo Aberto) que parte da Programación Didáctica modelo de PROENS pero establecendo o seguinte reto:
Seguir con axuda de Elba (a arqueóloga coa que xa colaboraron na Prehistoria), unha serie de mensaxes con catro pistas cada un , e descubrir ao mesmo tempo diferentes aspectos (economía, política, sociedade, cultura e crenzas) da Antiga Grecia.
Contando co alumnado como protagonistas do reto e da súa aprendizaxe, o profesorado terá:
a. Un marco de referencia fundamental na adquisición fundamentalmente das seguintes competencias clave: CPSAA, CE, CC e STEM.
b. Atender á diversidade do alumnado a través dunha serie de actividades (individuais, grupais e con diferentes graos de dificultade adaptadas aos ritmos de aprendizaxe existentes na aula). Tamén a través do caderno do alumnado.
Coa implicación no Reto dunha arqueóloga xa coñecida polo alumnado (Elba), o profesorado contará:
a. Cun marco referencial importante na adquisición dos contidos, dos criterios e instrumentos de avaliación do reto.
b. Guías na adquisición das diferentes competencias clave.
c. A atención á diversidade do alumnado co protagonismo destacado que ten o profesor de aula que planifica actividades con diferentes graos de dificultade adaptándonos aos diferentes ritmos de aprendizaxe e á diversidade existentes na aula (DUA).
Unha metodoloxía que terá en conta os obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS 4 e ODS 5):
- Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos e todas.
- Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e as nenas
Un reto deseñado a partir dunha situación posible en calquera centro educativo: inserción da contorna na vida cotiá do centro (neste caso partimos da relación establecida coa ciencia "arqueoloxía" no REA de Prehistoria.