Saltar navegación

3.1 Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Os recursos materiais necesarios para que o alumnado desenvolva con éxito a proposta didáctica son:

  • O caderno de aprendizaxe.
  • Un dispositivo electrónico onde poder utilizar aplicacións de ofimática para buscar información, e visualizar imaxes...
  • Fotocopiadora/impresora a cor.
  • Material de papelería (pegamento, cartolina, rotuladores, papel pautado, regra...)

 Entendemos que este material está dispoñible en todos os centros e resulta de fácil manexo por parte do profesorado.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Os grupos constarán de arredor de 3-4 persoas. É importante que o profesorado teña en conta, á hora de designar os grupos, os seguintes aspectos:

  • A composición dos grupos buscará un equilibrio nas capacidades e puntos fortes do alumnado, de maneira que se eviten desequilibrios entre grupos.
  • As tarefas repartiránse con claridade para que todas as persoas poidan participar activamente e evitar que unha soa asuma a maior parte do traballo.
  • O reparto de tarefas terá en conta as necesidades e posibilidades de cada estudante, facilitando que todas as persoas poidan contribuír e desenvolver as súas habilidades.
  • O traballo realizarase nun ambiente cooperativo e respectuoso, no que todas as voces sexan escoitadas e valoradas.
  • Cada grupo designará unha persoa coordinadora, que se encargará da interlocución co profesor ou profesora.
  • Tentarase o equilibrio por sexos, garantindo un ambiente coeducativo e respectuoso e igualitario, evitando os prexuízos e comportamentos sexistas e os nesgos machistas.

Produtos finais

O produto final do REA “Auga, sol e plantas” consiste na realización, en grupos de traballo, de distintos pósters nos que, de maneira visual, se expoñan diferentes aspectos os climas, as augas e a vexetación natural. Entre todos eles, débese elaborar unha panorámica completa de todas as variedades climáticas e paisaxísticas presentes no territorio español.

Cada grupo presentará aos demais a seu póster, explicando os seus aspectos técnicos e xeográficos. Esta exposición é en si mesma parte avaliable do produto final, en aspectos como a organización do grupo para a presentación, o axuste ao tempo establecido, ou a fluidez e calidade da comunicación.

Finalmente cada un dos grupos deberá valorar o traballo dos seus compañeiros e compañeiras de grupo.

Enfoque multinivel do reto

O deseño do REA está pensado para responder ás distintas necesidades do alumnado, xa que se pode adaptar a distintos ritmos de aprendizaxe.

Na selección das actividades individuais procurouse ofrecer distintas opcións e distintos niveis de dificultade. Correspóndelle ao profesorado escoller para cada estudante aquelas actividades que mellor se axusten ás súas necesidades, ritmos e maneiras de aprender, garantindo que todas as persoas poidan avanzar e participar plenamente.

En canto ás actividades grupais, estas están pensadas para incluír tarefas variadas que requiren distintas habilidades. No momento de repartir o traballo dentro de cada grupo, pódese asignar a cada estudante aquela tarefa coa que se sinta máis cómodo ou que lle permita amosar e desenvolver mellor as súas capacidades. O profesorado apoiará e acompañará este proceso para garantir que a distribución sexa equilibrada e que todas as persoas do grupo poidan participar de maneira real e significativa.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)