Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

-       O traballo sobre a información e as súas fontes a través de recursos variados.

-       A contextualización das aprendizaxes na contorna local e global.

-       O interese polos obxectivos de desenvolvemento sustentable.

-       O uso de técnicas de representación do espazo e de vocabulario xeográfico que permita comunicar resultados dunha procura sinxela.

-       O exercicio da solidariedade, a cohesión social e a coeducación en igualdade mediante o traballo grupal.

Obxectivos dos ODS traballados: o 4 (Educación de calidade), 5 (Igualdade de xénero), 6 (Auga limpa e saneamento) 15 (Vida de ecosistemas terrestres) e 17 (Alianzas para acadar obxectivos).

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA está baseado na programación didáctica que Proens propón para a materia de Xeografía e Historia de 1º de ESO.

O material recolle contidos do bloque 1: os da totalidade da Unidade 2 (Climas da Terra) e os da segunda parte da unidade 4 (Os medios naturais).

Contidos Bloque da materia

-  Emerxencia climática: elementos e factores que condicionan o clima e o impacto das actividades humanas. Métodos de recollida de datos meteorolóxicos e interpretación de gráficos. Riscos e catástrofes climáticas no presente, no pasado e no futuro. Vulnerabilidade, prevención e resiliencia da poboación ante as catástrofes naturais e os efectos do cambio climático.

- Tecnoloxías da información. Manexo e utilización de dispositivos, aplicacións informáticas e plataformas dixitais. Procura, tratamento da información e elaboración de coñecemento. Uso seguro das redes de comunicación.

-  Biodiversidade. Dinámicas e ameazas dos ecosistemas planetarios. Formas e procesos de modificación da superficie terrestre. A influencia humana na alteración dos ecosistemas no pasado e na actualidade. Conservación e mellora da contorna local e global. Riqueza e valor patrimonial de España e Galicia.

Bloque 1

-  Métodos básicos de investigación para a construción do coñecemento da Xeografía e a Historia. Metodoloxías do pensamento xeográfico e do pensamento histórico.

Bloque 2

-  Conciencia ambiental. Respecto, protección e coidado dos seres vivos e do planeta.

Bloque 3

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA

Obxectivos Descrición
OBX1 Buscar, seleccionar, tratar e organizar información sobre temas relevantes do presente e do pasado, usando criticamente fontes históricas e xeográficas, para adquirir coñecementos, elaborar e expresar contidos en varios formatos.
OBX2 Indagar, argumentar e elaborar produtos propios sobre problemas xeográficos, históricos e sociais que resulten relevantes na actualidade, desde o local ao global, para desenvolver un pensamento crítico, respectuoso coas diferenzas, que contribúa á construción da propia identidade e a enriquecer o acervo común.
OBX4 Identificar e analizar os elementos da paisaxe e a súa articulación en sistemas complexos naturais, rurais e urbanos, así como a súa evolución no tempo, interpretando as causas das transformacións e valorando o grao de equilibrio existente nos distintos ecosistemas, para promover a súa conservación, mellora e uso sustentable.

Competencias clave e os descritores operativos traballados

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)  STEM4
Competencia dixital (CD) CD1, CD2
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA2
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2, CCL3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC3
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE1, CE3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)