Temporalización do REA
Esta unidade está pensada para realizar en 15 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Xeografía e Historia" de 1º de ESO, englóbase no primeiro trimestre.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Para que? | Temporalización |
|---|---|---|---|
| 1. Arrancamos! | Arrancamos! | Sesión de motivación e presentación da tarefa. | 1 sesión |
| 2. 2. Repasamos. De que te acordas? |
Un pouquiño de atmosfera e climas Un pouquiño de augas e vexetación |
Sesións de revisión e activación de coñecementos previos | 2 Sesións |
| 3. Aprendemos máis: clima, auga e vexetación |
Atmosfera, tempo e clima Aire, dame aire!!! Aquí o home do tempo De veraneo en Nadal Comentario dun climograma As augas Vexetación natural Alerta clima Achégate un pouco: España e Galicia |
Sesións con actividades informativas e interactivas sobre a climatoloxía, as augas e a vexetación natural. Están deseñadas para crear interese no alumnado dende a perspectiva de “aprender pensando”. O alumnado é o protagonista nos procesos de ensino-aprendizaxe. Inclúe actividades interactivas multinivel deseñadas para facilitar a comprensión dos contidos introducidos e preparar o alumnado para a resolución do reto presentado na situación de aprendizaxe, nun proceso que fomenta a súa autonomía e capacidade de autoaprendizaxe. |
7 Sesións |
|
4. Reto final |
Reto final | Sesións dirixidas á realización do reto proposto, consistente na elaboración de pósters nos que se recollan en imaxes os diferentes tipos de climas, augas e vexetación natural. Con esta actividade final que o alumnado debe activar e aplicar a situación real os coñecementos adquiridos nas fases previas da unidade. | 4 sesións |
| 5. Conclusións (Concluír e comunicar) | Imos rematando | Sesión dedicada á exposición da aula do produto final por parte dos distintos grupos de traballo, e posta en común das valoracións sobra o aprendido. | 1 sesión |