Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 8 REA, unha proposta global para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria do proxecto cREAgal para conter as 9 UD (Unidades Didácticas) recollidas na programación modelo de Proens do curso 2023 – 2024  e vixente no curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria respecta a temporalización por trimestre, a secuencia de UD e o resto dos elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "En acción para o galego!"

UD1: "Outra vez por aquí!"

CA1.1 - CA1.3 - CA1.5 - CA2.1 - CA2.4 - CA3.5 - CA3.6 - CA6.7 10% 16 sesións no primeiro trimestre
REA 2: "Marcando páxinas" UD2: "Somos investigadoras e investigadores"

CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.5 - CA2.2 - CA2.4 - CA3.1 - CA3.2 - CA3.6 - CA3.7 - CA6.1 - CA6.2 - CA6.6 - CA6.7

10%

16 sesións no primeiro trimestre
REA 3:  "Unha paisaxe con encanto"

UD3: "Cantas cousas novas!"

CA2.1 - CA2.3 - CA2.5 - CA3.2 - CA3.3 - CA3.4 - CA3.6 -CA3.8 -  CA4.1 - CA4.2 - CA4.3 - CA6.2 - CA6.6 10% 16 sesións no primeiro trimestre
REA 4: "O gran libro das emocións" UD4: "Os meus sentimentos" CA2.1 - CA2.5 - CA3.2 - CA3.4 - CA3.9 - CA4.5 - CA4.6 - CA5.1 - CA5.3 - CA5.4 - CA5.5 - CA5.6 - CA5.7 - CA5.9 - CA6.2 - CA6.4 - CA6.6 11% 15 sesións no segundo trimestre
REA 5: "Onde vai a nosa cultura?" UD5: “As posibilidades da lingua” CA2.3 - CA3.4 - CA4.5 - CA4.6 - CA5.2 - CA5.3 - CA5.4 - CA5.5 - CA5.6 - CA5.7 - CA5.8 - CA6.2 - CA6.6 11% 15 sesións no terceiro trimestre
REA 6: "A importancia da palabra"

UD6: "Como son?"

CA2.5 - CA3.6 - CA3.9 - CA3.10 - CA6.2 - CA6.3 - CA6.4 - CA6.6 -  11% 16 sesións no segundo trimestre
REA 7: "Batalla de concellos!"

UD7: "Como nos entendemos!"

 CA1.4 - CA2.3 - CA2.4 - CA2.5 - CA2.8 - CA3.3 - CA3.10 - CA4.2 - CA6.6 12% 15 sesións no terceiro trimestre
REA 8: ""Ei, saio na tele!"

UD8: "Son periodista"

UD9: "Comunicámonos"

CA2.7 - CA3.7 - CA3.10 - CA6.5 - CA6.6 - CA2.2 - CA2.4 - CA2.8 - CA3.8 - CA3.11 - CA2.7 - CA3.10 - CA6.6 - CA3.3 - CA2.6 - CA4.4 -  25% 31 sesións no terceiro trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da materia "Lingua Galega e Literatura" de 6º de Primaria:

  • Desenvolvemento da competencia lingüística en galego do alumnado.
  • A necesidade de preparar o alumnado para entender, elaborar e producir calquera tipo de mensaxe, no contexto da profusión os medios de comunicación e das tecnoloxías da información e da de comunicación.
  • Aplicación da resolución de problemas mediante unha aprendizaxe baseada no desenvolvemento de proxectos (ABP).
  • Contribuír na consecución dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible).
  • Fomentar no alumnado a defensa dos dereitos humanos e a convivencia igualitaria, inclusiva, pacífica e democrática.
  • Recoñecer a diversidade e variedades lingüísticas da contorna, de Galicia e de España, para favorecer actitudes de respecto cara á diversidade étnica e cultural, combater prexuízos e estereotipos lingüísticos.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Lingua Galega e Literatura de 6º de Primaria, contextualízase na unidade didáctica 7 (Como nos entendemos!). Pola súa situación, despois de traballar o resto de bloques do currículo, pretende tamén que o alumnado integre o aprendido nas unidades previas da programación anual.

O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contido 1. As linguas e os seus falantes, 2. Comunicación oral, 3. Comunicación escrita, 4. Alfabetización mediática e informacional e 6. Reflexións sobre a lingua e os seus usos, nos que se traballa a expresión e comprensión oral e escrita a través de diferentes formatos que inclúen as tecnoloxías da información e a comunicación. Complétanse os contidos cunha breve reflexión sobre os usos da lingua.

Os contidos da materia que se recollen neste REA son:

Contidos Bloque da materia
  • Estratexias de recoñecemento de abusos de poder e prácticas discriminatorias pola linguaxe, a través da reflexión grupal.
  • Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas e coa perspectiva de xénero.
Bloque 1
  • Procesos: comprensión oral.
    • Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais.
  • Procesos: produción oral.
    • Elaboración de textos orais axeitados ao nivel, con utilización correcta dos elementos da prosodia e non verbais, empregando unha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.
  • Procesos: interacción oral.
    • Interacción oral adecuada en situacións de aula e en contextos formais pautados, con respecto ás estratexias de cortesía lingüística, evitando interferencias derivadas do bilingüismo.
    • Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, construíndo o discurso de acordo coas necesidades comunicativas de cada situación, valorando as normas que rexen a interacción oral e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e emocións propias e alleas.
  • Procesos: comprensión oral.
    • Comprensión global e específica de textos orais de diversa tipoloxía atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e á súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos), desenvolvendo unha valoración crítica e detectando usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.
  • Xéneros discursivos. Utilización dun vocabulario adaptado ao nivel sobre diferentes temáticas para unha mellor comunicación oral en distintas situacións.
    • Estratexias para a coherencia, cohesión e adecuación na produción e reprodución de textos orais en lingua galega.
  • Procesos: interacción oral.
    • Estratexias de escoita activa, asertividade e proposta de solución creativa para a resolución dialogada de conflitos, utilizando unha linguaxe oral non discriminatoria e rexeitando a discriminación polo uso do galego como lingua de comunicación e tendo en conta a perspectiva de xénero.
    • Estratexias para a utilización da linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar, exposición de ideas e para a identificación e interpretación do sentido global do texto e de integración da información explícita de textos orais e multimodais sinxelos e a realización de inferencias para superar o seu sentido literal.
Bloque 2
  • Xéneros discursivos. Estratexias elementais para a coherencia, cohesión e adecuación dos textos escritos, en lingua galega.
  • Procesos: comprensión lectora.
    • Estratexias de identificación e valoración do sentido global do texto, de integración da información explícita e de realización de inferencias para superar o sentido literal de textos en fontes documentais diversas en procesos de comprensión e produción de textos escritos en lingua galega.
  • Procesos: produción escrita.
    • Elaboración de textos, con presentación coidada, utilizando a lingua galega con intención comunicativa e
      creatividade.
  • Xéneros discursivos
    • Intención comunicativa e claves da tipoloxía textual básica: narración, descrición, diálogo, exposición e argumentación.
    • Construción do pensamento crítico a través da lingua para evitar a discriminación.
  • Procesos: comprensión lectora.
    • Comprensión global e específica de textos diversos da literatura galega, atendendo a forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e a súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos), desenvolvendo unha valoración crítica destes.
Bloque 3
  • Comunicación creativa do coñecemento, con recoñecemento da autoría e respecto pola propiedade intelectual das obras de escritores e escritoras galegos e galegas.
Bloque 4
  • Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronomes e artigos) e utilización das regras ortográficas e de puntuación.
Bloque 6

Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

Obxectivos Descrición
OBX 3

Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas.

OBX 4

Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos.

OBX 6

Buscar, seleccionar e contrastar información procedente de dúas ou máis fontes, de forma planificada e co debido acompañamento, avaliando a súa fiabilidade e recoñecendo algúns riscos de manipulación e desinformación, para transformala en coñecemento e para comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista persoal e respectuoso coa propiedade intelectual.

OBX 9

Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.

OBX 10

Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática utilizando unha linguaxe non discriminatoria e detectando e rexeitando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético da linguaxe.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL 2, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP2, CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM2
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, CD4
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2, CC3
Competencia emprendedora (CE) CE1, CE3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)