Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este REA está formado pola unidade didáctica 7 (Cómo nos entendemos!) publicada en PROENS para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria. En total está pensado para desenvolver ao longo de 15 sesións do terceiro trimestre. 

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase

Seccións

Descrición do traballo a desenvolver

Temporalización

1. Descubrimos un concello

1.1. Onde estamos?

Nesta sección situamos ao alumnado no contexto no que imos facer a proposta de traballo.

1 sesión

1.2. Xuntos mellor

Conectamos o problema con unha situación de actualidade.

1 sesión 

1.3. O noso mapa de ruta

Explicamos as fases nas que se dividirá o traballo e as metas a alcanzar. 

2. Como nos organizamos?

2.1. A historia detrás dos nomes

Mobilizamos coñecementos previos relacionados cos topónimos e poñemos en práctica estes contidos.

1 sesións

2.2. Os nomes cobran vida

Mobilizamos coñecementos previos relacionados cos verbos e poñemos en práctica estes contidos.

1 sesión

3. Viaxamos no tempo!

3.1 E ti de onde vés sendo?

Presentamos un novo contido: os xentilicios.

2 sesións

Picheleiros, portugueses e paraugueiros

Falamos e traballamos sobre os alcumes.

Mans á obra

Levamos a cabo un tríptico ou vídeo de presentación do noso concello, que formará parte do proxecto final.

2 sesións

3.2 O pasado, presente e futuro do noso concello

Presentamos un novo contido: os tempos verbais e practicamos.

1 sesión

O pasado

Poñemos en práctica os verbos en tempo pasado. 

1 sesión

O presente

Traballamos os verbos en tempo presente.

1 sesión

O futuro

Poñemos en práctica os verbos en tempo futuro.

1 sesión

3.3. Tomamos a palabra

Aprendemos e reflexionamos sobre a debate.

1 sesión

Marca a diferenza

Falamos sobre a importancia da linguaxe á hora de expresarnos oralmente. 

4. Estamos en eleccións!

4.1 Imos defender o noso concello

Facemos un repaso dos tres retos levados a cabo anteriormente e preparámonos para a avaliación do produto final.

1 sesión

5. Conclusión

5.1. Presentamos o novo concello

Reflexionamos sobre o aprendido e facemos coavaliación mediante un xogo.

1 sesión

5.2. Avaliamos o reto

Coavaliamos o produto final acadado mediante unha rúbrica.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)